Poemas na emigración

Páxina Anterior

Un novo ser

Páxina Seguinte

v3mdiz002.html

Era novembro estrelado
sob os designeos de Plutón
pouco antes da media noite
palpitava un novo corazón.

Era unha casiña de pedra
por todos os seus lados,
o piso de madeira bruta
de robustos carballos.

Era noite de lúa mingüante e
entre as paredes luz dourada,
por mecha, unha baraza de tela
da rústica candelexa vidrada.

Era un cuarto moi escuro,
unha fenestra por ventilación,
debaixo do piso de carballo,
un curral como calefacción.

Era unha semente brotando
era a vida de un novo Ser,
para seguir un camiño, un
horizonte, un amañecer.

Era un novo servo de Deus,
por padriños: Xosé e María,
tiña por berce a terra dura,
como brinquedo a fantasía.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega