Poemas na emigración

Páxina Anterior

A inxustiza do amor

Páxina Seguinte

v3mdiz021.html

El marchose para ben lonxe,
para ben lonxe un día,
deixando aquí na súa terra,
o amor que tanto quería.

Marchose con moita presa,
¡Adeus amor da miña vida !
eu xamáis te olvidarei
ou non me chamo Madira.

Ela, dende o pontillón do rio,
pediulle, non chores meu amor!
Eu estou co corazón batendo e
a alma penando de moita dor.

Fico aqui, co peito apertando e
a tristeza me consumindo,
vou andando polos carreiros
cas bágoas do rostro caíndo.

¡Ai miña Virxe Santa !
que vou morrer de soidade,
¡Ai meu san Salvador !
axúdame nesta infelicidade.

Eu sofro tanto por el
e esta dor non ten fin,
hasta os espiños do toxo
volvense contra min.

Aínda que creo nele
non sei se volverá axiña,
váleme miña querida nai!
Tanta desgracia a miña.

Escribiume unhas letras,
dicindo que me quería,
aumentando miña ilusión
que sería meu un día.

Ía pro eido sempre cantando,
as cántigas do eterno amor,
pedindo que ele volvese
coa bendición do Señor.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega