Poemas na emigración

Páxina Anterior

A Feira de Doade

Páxina Seguinte

v3mdiz022.html

A anterga feira de Doade,
era feira de pasar o tempo,
onde ían a pasear
catro cabezas de vento.

Feira de vender as vacas,
de mercar o ferro do arado,
de vender os ovos da galiña
e de mercar o porco capado.

Feira que vendía de todo,
candelexas, broches e zocos,
allos, coles e cebolas,
anteollos, e pilas pra focos.

Feira de xitanos e tratantes,
de mercar, pescudar e engañar,
de vender o unto e o pernil,
mercar o mantón pra agarimar.

Feira de comer o mellor pulpo,
co pan e un cuartillo de viño,
á sombra de seus carballos, as
tendeiras da Estrada e veciños.

Esta feira da Terra de Montes,
de facer amigos e novia buscar,
dende tempos moito antergos,
de mercar, vender e pescudar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega