Poemas na emigración

Páxina Anterior

Os frutos dos deuses gregos

Páxina Seguinte

v3mdiz023.html

¡Oh magostos deste fruto divino
que naces nestas terras ibéricas!
mataches a fame e adulzando a boca
de ligures, romanos, mouros e celtas.

¡Oh comida dos divinos Deuses!
adoraron e cantaron en teu honor
as máis belas e nobres cantigas,
os cánticos de moita fe e fervor.

Oh oprimida e escrava morena
de teu ourizo espiñento e opresor!
de teu niño caíndo entre as follas,
saltaches polo buraco con furor.

Oh encantada Musa galega!
que naces no Barco, en Ruelas,
Pontevedra e campos de Lugo,
en Verín e en Castro Caldelas.

Teu belo nome é castaña,
castaña pola tua bonita cor,
inigualable polo teu valor,
por tua dulzura e teu sabor.

Ese pan de ligures e celtas
por durante moitos séculos,
alimentando ós seus deuses,
nobres, guerreiros e labregos.

Ledicias das súas festas,
con "magostos e pilongas",
dende tempos antergos, con
unión, aturuxos e rondas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega