Poemas na emigración

Páxina Anterior

A mata dos porcos

Páxina Seguinte

v3mdiz024.html

A festa da mata dos porcos
é unha festa típica da aldea,
que dende tempos antergos
mátase sempre na lúa chea.

Os homes agarran nas pernas,
os rapaces do lugar nas orellas,
as mulleres remexen o sangue
para facer chourizos e morcellas.

Despois de subir o porco morto,
do curral levando polas escadas,
tomase unha copa cos figos e
comendo galletas e uvas pasas.

A chamuscada dos porcos,
co fachico de palla de centeo,
acéndese o lume por un lado,
queimandolle as uñas e o pelo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega