Poemas na emigración

Páxina Anterior

A Galiza inmortal

Páxina Seguinte

v3mdiz025.html

Galiza de Castelao
galeguista de corazón
como Afonso Rodríguez
idealista por convicción.

Rosalía de Castro
a precursora galega
de poemas e cantares
a súa raza non nega.

Galiza de Santiago Álvarez
político por formación
admirado por Castelao
co respecto e admiración.

Galiza de Carlos Barbeito
galeguista por fe e amor
que amou tanto súa terra
penando súa ánima de dor.

Galiza de Casares Quiroga
que foi masón por rebeldía
mesmo con moita represión
defendeu sempre súa ideoloxía.

Galiza de Paz de Andrade
galeguista independente
expert en nosa economía
foi un político irreverente.

Galiza de Manuel Pontes
xastre por súa profesión
foi guerreiro galeguista
morreu con garra e tesón.

Galiza de García Sabadell
home de coraxe e moito valor
con Manuel Portela Valladares
foi un grande político mediador.

Cando tocan as campás en mayo
de tódalas igrexas galegas,
choran amargas bágoas de bronce,
por Cunqueiro e Otero Pedrayo.

Martín Codax, Xohán de Cangas
e Meendiño nas rías de Vigo,
son antergos xograes e trovadores
galegos, nas cántigas de Amigo.

O ourensán Celso Emilio Ferreiro
tamén foi un emigrante de guerra,
chorou a súa dor coma prisioneiro
cantando a Longa Noite de Pedra.

Naveguei polo mar de Vigo un día
deixando un corazón xoven partido,
levando comigo a miña soidade
para a América e, alá desvanecido.

A tódolos xograes e trovadores
que un día cantaron a Terra Galega,
co respecto e admiración dun galego
que a Terra de Montes non nega.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega