Poemas na emigración

Páxina Anterior

Estas paredes

Páxina Seguinte

v3mdiz027.html

Entre estas paredes, hai un fluído enternecedor
unha serena palabra ecos de súa manpostería,
unha harmoniosa canción vibra no seu interior.

As paredes suportaron ventos e vendavais,
vibrando ata submerxir na sus base terrea
o tibio corpo de seus moradores ancestrais.

Volvo a ollar no vacío da eterna recordación,
vexo apenas unha palabra opaca de desencanto,
buscando nela a hipótese de súa dura negación.

Os espacios que me rodean no seu interior
e o aire, son estraños nas cousas máis comuns,
súa presencia é inconsistente no plano inferior.

¿Cómo podo ir ata a máis simple evocación?
pois, non é posible olvidar o que xa foi meu
sen destrozar o que quedou deste corazón.

As tristezas queren envolverme, na dor
elas querenme sufocar, pouco a pouco,
que me entregue, friamente, sen me opor.

Súas túnicas negras levantanse do pó,
enseñamdome visións que non quero ver,
estou no frio da noite pecha e temible, só.

Os recordatorios, ás veces, son coma meniños,
que insisten en cercarnos e que falemos para
contarlles historias dos nosos moitos camiños.

Esas lembranzas que retitan do noso peito,
o corazón que repartimos nun banquete
que eles reparten e degallan ó seu xeito.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega