Poemas na emigración

Páxina Anterior

Déspota

Páxina Seguinte

v3mdiz029.html

Árbores frutíferas,
alá fora, exalando,
neste exato momento
finos e delicados perfumes.

Encosto a face nas asas do aire
diáfano da noite de lúa dourada.
Aromas meigos e abrumadores,
lentamente, invaden o meu cerebro.

Escoito algo en redor da casa:
Gritos, choros, alegría e risadas soltas.
O meu corazón, acelerado bate forte
arrebatando e dilacerando o meu peito.

Son seres imprevisiveis e misteriosos
envolvidos polas leis da individualidade,
acenden unha vela a Deus e outra ó diabo
para conseguir manter súa superioridade.

Moitas travesuras e diabruras sen controle,
alguén ameaza físicamente con verbas ferinas.
Mais un grito e odio desmedido, moito rencor
por falta de un xesto racional entre persoas veciñas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega