Poemas na emigración

Páxina Anterior

Paixón amarga

Páxina Seguinte

v3mdiz030.html

Capturo no sereno aire unha verba,
outra e outra, e con elas vou formando
un grande rosario de fe e penitencias
para poder agradecer á Vida orando.

Esta Vida que recebemos do Ceo,
graciosamente, das mans do Divino.
Humildemente agradecemos a El
por ser o detentor do noso destino.

......................................
...Así te sufro, cando te ausentas,
¡como te quero!

Camiñamos xuntos, antes ti e dimpois eu,
nosas vidas son un reflexo,
da imaxen que para nos xa pasou.

De ti para min, logo para ti.
Como xa perdemos o camiño, primeiro contigo
e despois comigo, perdida se desviou.

Xa se foron todos. Descansa.
Estamos só os dous.

O amor foi moi forte, a principio venceu.
O louco fun eu.

O meniño, o adolescente e o xoven que fun
e o ancián que son e serei...
Se non me vou..., eternamente sufrirei.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega