Poemas na emigración

Páxina Anterior

Á nai galega

Páxina Seguinte

v3mdiz031.html

Esas nais galegas
que tanto tempo sufriron
as inxustizas da vida,
o seu amor non perderon.

Soportando valorosamente
as faenas da labranza
esas criaturas amantes
non perderan a esperanza.

Nos seus traballos domésticos
coas ansias da maternidade
traballando de sol a sol
para os fillos non ter orfandade.

Para manter os seus fillos
que quedaron pequeniños
vai ben cedo para o eido
levando auga e pan de millo.

Moitas veces abandonada
pola inxusta emigración
chorando e desamparadas
con moita fe e resignación.

Nesa cruel loita sen fin
nesa vida ingrata de aridez
esas nobles nais galegas
son heroínas con altivez.

Deus mandou para esas terras
ese anxel da humanidade
para suportar as negruras
ollando ó futuro da felicidade

Esas nais valentes e fermosas
empuñando foice e aixada
para cultivar o campo
mantendo a familia amparada

¡Oh heróica guerreira!
que loitaches a brava loita
entre castros antergos,
mas non foi a derradeira.

¡Oh Musa Galega!
que endeusas teus campos
co perfume e teu amor,
coa túa nobreza e teu encanto.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega