Poemas na emigración

Páxina Anterior

Amor filial

Páxina Seguinte

v3mdiz033.html

Cando saín da miña Terra
cheio de ilusión e vida
nunca pensei que deixase
tanto e tanta cousa querida.

¡Oh Galicia terra bendita!
perdoame que non che dera,
todo canto merecías
durante a miña primavera.

A miña mente moi alumeada,
día e noite sempre a soñar,
soñava con teus verdes montes
sen tempo para te admirar.

Xa non pensaba en teu verdor
ou nos teus campos floridos,
no teu pobo sempre alegre,
sen percibir ... esquecidos.

As túas fragas ainda choran
os meus suspiros e queixumes,
dos amores levados polo vento,
das cántigas ó redor dos lumes.

Galicia ... Beariz... Xirarga,
esta Terra de Montes en flor,
que as miñas bágoas reguen
a terra deste eterno soñador.

Santo Domingo de Guzmán,
Apóstolo Santiago meu protector,
pídolles cando chegue o fin
traianme para eiquí, por favor!.
¡Galicia... Adeus... Adeus!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega