Poemas na emigración

Páxina Anterior

Queixumes da dor

Páxina Seguinte

v3mdiz034.html

Xuntas as mans cara o Ceo,
de xoenllos e ó pé do altar,
unha nai toda coberta de loito
seus pregos á Virxe facía chegar.

¿Que terá coitada? Eu pensaba,
ollando a probe muller suspirar,
murmurando entre laios e bágoas
que ata as pedras facía tremar.

De vagariño, cheguei preto dela
procurando amainar a súa dor.
Pregunteille, ¿será a perda dun fillo
ou é algunha peniña de amor?

As peniñas de amor que eu teño,
son dous fillos que o mar me levou;
lonxe deles vivir eu non podo máis,
a ledicia para min xa se acabou.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega