Poemas na emigración

Páxina Anterior

O emigrante

Páxina Seguinte

v3mdiz036.html

O de ser un emigrante
é de ser sen querer ir,
na caminada errante
para poder sobrevivir.

Noite e día sempre loitando
pensando a "América facer"
con iso logo volvendo
para a familia non esquecer.

Emigrar para o futuro
e alí axiña logo encontrar
un país bo e acolledor
isto pode moito axudar.

O tempo vai pasando
e a "América sen facer",
a soidade aumentando
e a familia sen poder ver.

El vive diferentes vidas
antes e despois de emigrar,
lembrando as despedidas
está sempre a soñar.

Despois de moito tempo
o emigrante vai á súa terra
pensando coñece-la aínda,
pero, todo mudou, el e ela.

Non coñece a máis ninguén
nen mesmo ós parentes,
¡os amigos! Xa non os ten,
as persoas son diferentes.

O seu corazón sangrando
e súa alma rompida,
os seus ollos chorando
coa identidade indefinida.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega