Poemas na emigración

Páxina Anterior

O cravo

Páxina Seguinte

v3mdiz068.html

Cando máis xoven, tiña moita dor
dun cravo cravado no corazón,
non me lebro se o cravo era
de ouro ou de falso amor.

Lémbrome que me atormentaba,
alá ben dentro, moito profundo,
ata chorar bágoas de sangue que
saian do corazón moribundo.

¡Señor! Do amor infinito e fraterno,
espero de Vós ánimo e piedade,
dame coraxe e forza para arrancar
dunha só vez, o cravo da soidade.

¡Señor! O meu peito está sangrando
cheo de dor, baleiro, e na verdade,
oco por dentro e ferido por fóra,
de tantas bágoas que vou chorando.

Un lamento, máis outro lamento,
un queixume, máis outro queixume
que trai un desprecio, unha dor, e nela,
esvaído, repousa a propia morte no tempo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega