Poemas na emigración

Páxina Anterior

O río do batán

Páxina Seguinte

v3mdiz043.html

Un estreito río e unha canle inclinada
un prado solitario e unha carrilleira
encoberta pola brisa da madrugada.

A auga do río, corre sinuosa e apresada
alumeando cos seus reflexos cristalinos
a verea, antes da longa noite enluarada.

¿Cantas noites de lúa terán reflexado
sobre o espumante e cristalino espello,
que, de madrugada, chora bágoas de orballo?

Seu pedregoso límpido e profundo leito,
cando o sol declina amedronta e entristece
ós muiñeiros que andan polo carreiro estreito.

Un sinuoso río e unha longa verea estreita,
un muiñeiro solitario, unha ponte e un piñeiral
conpletan a soidade dunha grande familia desfeita.

Xa era o mes de outono, caprichoso e aireado
ó por do sol co vento suave no impulso da brisa,
as follas dos piñeiros caían silenciosamente no prado.

Esta soidade que mantén seus ollos abertos,
que para poder pechalos chega un só pensamento.
Hoxe, o río, o muíño e o piñeiral están todos desertos.

Nos recordos, un longo río, as vereas e muíños,
os baños do verán no temeroso puzo negro
nublan o meu pensar ó andar nos camiños.

Esta visión perturba o meu peito oprimido e,
pregunto: ¿Qué teimosa arrogante e fiel memoria
me deran as augas sorbidas neste río?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega