Poemas na emigración

Páxina Anterior

Páxina virada

Páxina Seguinte

v3mdiz044.html

No día en que eu deixar de respirar
quero na miña tumba poder levar
toda a miña historia moi singular
para que a todos poida contar.

Que a miña alma poida viaxar
por galaicas terras a fluctuar
para seus verdes montes mirar
e unha nova vida poder comezar.

Unha nova páxina a poder virar
onde eu poida nela escriturar
coa suave pluma a deslizar
pola miña mente a repensar.

Nas terras de Santiago poder orar
como as gaivotas voan no mar
voando suavemente sen parar
e á miña adolescencia voltar.

Poder de novo meu soño soñar
o soño para un meniño alegrar
nas noites frías de un novo luar
soñando cos paxaros a cantar.

De novo as vacas no monte vou gardar
coa xeada nas orellas a me queimar
a vella bufanda para me agarimar
cos zocos untados nos pés ó andar.

No monte da casanova, cando alá chegar,
eu farei un forniño de pan, a todo dar,
cocer uns petoulos na lousa, ó brincar
cos outros rapaciños a compartillar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega