Poemas na emigración

Páxina Anterior

A diáspora

Páxina Seguinte

v3mdiz045.html

Viaxei para moi lonxe:

Atravesei os tempos e os mares
ó encontro do agora que nada vale
cando sinto as bágoas dos pesares.

Viaxei para moi lonxe:

Naveguei por unha onda turbulenta
coas velas arqueadas de tanto ventar
no barco da esperanza que alimenta.

Viaxei para moi lonxe:

Atravesei a terra e os ventos xelados,
camiñei polo deserto do furor humano
subindo vereas e montañas onduladas.

Viaxei para moi lonxe:

A ilusión e a esperanza en min non morreu,
eu son un guerreiro loitador e destemido,
loito a carón pola vida que Deus me deu.

Viaxei para moi lonxe:

Con certezas moitas e angustias tantas,
na correnteza da fe acelerada no tempo
que impulsiona e renova as esperanzas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega