Poemas na emigración

Páxina Anterior

O triste regreso

Páxina Seguinte

v3mdiz047.html

Regreso máis unha vez a onde xa non hai moito lugar
onde o meu peito non teña respirado o aire ecolóxico.

Algúns coñecéronme polo que non era.
Polas verbas amargas, tristes e cansadas.

Noites e días vacíos me levan ó desepero
na sombra do espanto de meus sentimentos.

Máis unha vez, despertou a Lúa onde un día
meus amores dixaron unha aperta, un bico feliz.

Surprenderan a caída da miña palabra, pero,
non miraron a noite do meu humano desexo.

Eran súas pisadas, outro mundo, onde a espada
do odio da vinganza e da violencia non existía.

Eu son aquel que procura curar a dor e as feridas
expostas polo neboeiro da diáspora.

Na noite escura, grito: ¡Son eu! O que vai e volve
sempre, coas flores da primavera.

Escoito unha voz a dizer:
Peregrino, ¡non hai pousada! Ti buscas o onte.
Non terás descanso eiquí. ¡Vólvete, vólvete!
Non hai máis lugar...!!!!!!!

Vólvete!!
Vólvete!!!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega