Poemas na emigración

Páxina Anterior

Himno ó Gremio Español

Páxina Seguinte

v3mdiz048.html



1

Son un soño de emigrantes
que un día deixaron seu lar
para encontrar outras terras
pensando nova familia formar.


2

Son o fruto da eterna soidade
de unha terra heroica e milenar
coidado por mans laboriosas
sempre prontas para axudar.


1 Bis

Son un soño de emigrantes
que un día deixaron seu lar
para encontrar outras terras
pensando nova familia formar.


3

Nesta terra fértil das Xerais
de fe, amor e cultura impar,
encontraron os españois
un novo horizonte a brillar.


2 Bis

Son o fruto da eterna soidade
de unha terra heroica e milenar
coidado por mans laboriosas
sempre prontas para axudar.


4

Se nas suaves ondas do teu mar
emigrante voltas a este lugar,
escoitarás a soidade das rúas chorar
o cariño de túas mans ó empedrar.


3 Bis

Nesta terra fértil das Xerais
de fe, amor e cultura impar,
encontraron os españois
un novo horizonte a brillar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega