Poemas na emigración

Páxina Anterior

O Campo da Feira

Páxina Seguinte

v3mdiz049.html

As raices do pobo se afundan
nesta anterga feira de Doade,
desemboca nela a historia de
Penalonga, en súa proximidade.

Ela garda no peso do tempo,
a fonte cristalina esquencida
entre fentos, muros e carballos,
coa súa canle natural escondida.

Pobos de fe e moita paciencia,
de traballo e preserverancia,
coas raíces metidas no campo
van a feira con moita elegancia.

Esa terra anterga de Santo Domingo,
onde a súa xente adora a procesión,
cos pasos en silencio, coa soidade e fe
carrexando os Santos con moita devoción.

Coma unha colmea humana desolada,
que sufre e pena o abandono do campo,
co Ceo e o campo xa descampados,
en súa inquedanza, a dor, o pranto.

Se nas eternas ondas do mar, emigrante,
volves a esta feira de Doade de Montes,
polas lembranzas, coida do teu corazón.
Son moitos recordos das nosas fontes.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega