Poemas na emigración

Páxina Anterior

Os Manueles

Páxina Seguinte

v3mdiz051.html

Ai Maruxiña Maruxa
Maruxiña do caravel,
se queres un mozo bonito
cásate con un Manuel

Os mociños de Xirarga
cando van á festa a Rubillón
sólo volven de madrugada
polo cocorocó do capón.

Eiche de aturuxar Manuel
cando subir os camiños
e cantar unha cántiga
ó chegar ós Vidiños.

Baila Manuel baila,
baila agarrado con ela,
se non queres que fuxa
polo camiño da Portela.

Ó pasar no Santo Domingo
vindo da ruada de Alfonsín
eiche de aturuxar ben alto
para que te acordes de min.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega