Poemas na emigración

Páxina Anterior

Cidadáns do mundo

Páxina Seguinte

v3mdiz054.html

As bágoas, moitas vezes,
trazen a forza da costatación,
da dor, do destino e realismo,
en nosa predestinación

As bágoas dos emigrantes, mostran
que nen todo o ben material,
conseguido a duras penas,
garante a paz espiritual.

Un ollo está mirando para o Ceo
o outro, olla os pasos ó camiñar,
dados na traxetoria da diáspora
co seu corazón a sangrar.

Cando o choro da alegria inundar,
de bágoas, os ollos secos da alma,
esa alma de cidadáns do mundo,
coa fe e esperanza para limpar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega