Poemas na emigración

Páxina Anterior

Agonía

Páxina Seguinte

v3mdiz055.html

A Terra ferida cosómese,
en súas entrañas a explosión,
na variación do clima a fame,
na súa superfície a destrucción.

As nubes alá ben no alto e
o Ozono para o Sol controlar,
as radiacións eletromagnéticas
para a vida na Terra amenizar.

De tódalas partes do planeta,
a destrucción do home é infernal,
habitantes da Terra paren de a ferir,
encanto hai un tempo racional.

A sabia e intelixente natureza,
coa súa propia vida e enerxía,
con catástrofes, secas e pobreza,
atópase no camiño da agonía.

Homes que habitades a Terra,
escoitade o seu triste cantar,
oíde o lamento do seu xemido,
para que ela deixe de chorar.

Xa non se ve máis ningunha árbore,
ningún gamallo da fresca sombra,
nen un regueiro de auga cristalina
só, o calor ofegante que asombra.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega