Poemas na emigración

Páxina Anterior

As mallas do centeo

Páxina Seguinte

v3mdiz057.html

¡Ah! Cando os meus desexos
tiñan unha firme traxetoria
que me levou polo mundo
co soño que nacía outrora.

Estavan os camiños cobertos de
terra, pedras e sombra de carballos,
a terra que xuntou terra e as raíces,
están estreitos coma carreiros e atallos.

Son aquel adolescente que atopou
a espada para abrir o seu camiño,
o xoven que fun e o ancián que estou
a carón con Deus. Seguirei o meu destino.

Nas mans do mundo deixei meu lar
amargando a dor de tristes disabores,
ó ollar os ceos da Terra de Montes
o Sol, nubes e acariciando amores.

Un día, nas nubes e asas do vento, eu
voltarei, "para as mozas poder ollar",
no Cachafeiro, en Folgoso e Vilar
coa maquina de centeo a mallar.

Volverei, aturuxando ó subir nos Vidiños,
pasar no Santo Domingo e nas portelas,
nos carreiros do lugar de Presqueiras,
e atravesar o pontillón das Barrelas.

.................................
¡Un día eu volverei! (...)!!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega