Poemas na emigración

Páxina Anterior

Camiñando

Páxina Seguinte

v3mdiz061.html

Eu vou retornando no tempo
vou volvendo, lentamente.
Salto muros; pulo cómaros,
coas pernas e a miña mente.

A maleza espeta as pernas e
o corpo castigado polo sol, sente.
No meu rostro, ollos cansados
de tanto mirar, este val ardente.

Corro pra debaixo das árbores,
ando unha sombra pocurando.
Vexo, alá no alto do Outeiro do boi,
muíños de vento, xirando, xirando.

Debaixo deses xigantes de ferro
non ten árbores nen verdes gamallos,
nen sequer, augas cristalinas ou
mudas de pinos e carballos.

Vou mirando polo camiño arriba,
chego no Outeiro da cruz, ofegante.
Picado por invisibles espiñas,
sento nunha pedra, alí, adiante.

Alá, un pouco ben máis enriba,
miro o verdor daquelas fontiñas,
onde bebían as cabras e ovellas,
gardadas polos rapaces, ás tardiñas.

Ben chegando o crepúsculo, que
me trai de volta as lembranzas,
esas múltiplas espiñas da soidade,
que petrefican as miñas esperanzas

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega