Poemas na emigración

Páxina Anterior

Fragmentos

Páxina Seguinte

v3mdiz062.html

Deixo,
neste espacio de tempo,
meu tempo sen espacio de tempo
que non tiven, contra a forza do vento.

Deixo,
Aquí, os verbos que non foron escritos,
para que sexan lidos,
por mentes e ollos proscritos.

Deixo,
na Terra Montes, as bágoas da dor,
derramadas, polas espiñas,
de unha nova flor.

Deixo,
estes verbos, soltos, coma o vento,
nen poucos nen moitos,
perdidos, no tempo.

Deixo,
aquí, os soños d´unha esperanza,
cecais, un soño incompleto,
da miña lembranza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega