Poemas na emigración

Páxina Anterior

Ilusión

Páxina Seguinte

v3mdiz063.html

Hoxe, poboamos soños, amañá, seremos sombra,
a través das fragas.

A vida, é unha parada moi corta, no camiño
da transición existencial.

Os mortos nacen, non morren, no sono real.
Os mundos están trocados.

Moitas veces, temos a ilusión de explicar
o inesplicable.

Cada outono que pasa, fico máis preto do último
outono que está por vir.

Se os homes soubesen meditar nos misterios da vida,
sentirían a complexidade da alma.

Escribir, é soñar as tristezas e alegrías de quen non
puido ou non quixo soñar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega