Poemas na emigración

Páxina Anterior

Camiñada hostil

Páxina Seguinte

v3mdiz065.html

A existencia en todo o meu camiño,
de un soño dourado e decidido, apesar
de unha luz abrumada e hostil, el foi
construindo, con lucidez, o meu destino.

Tal vez un día sea o fin de unha xornada,
—eu sei diso— entorno de min o aire está
puro e cristalino. Aceitarei a derradeira luz
como parte da vida de unha camiñada.

Por unha tarde do meu onte, iluminada,
de luz ardente para fría terra, partirei.
Voltarei a ser un Ser sen ser e sen pena,
sen destino, con vida abrumada.

Teño que levar conmigo e camiñar,
a remolque, este corpo ó seu destino,
á terra que eu naci e vivi un tempo,
na esperanza de un novo luar.

Ficarei libre de todo o que me acorrentar
a este mundo dos seres maquiavélicos e
desprezibleis. O que eu nunca tiven, de fato,
será o único que me pode quedar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega