Poemas na emigración

Páxina Anterior

Quen poderá

Páxina Seguinte

v3mdiz067.html

Quen na súa aventura poderá
entrar, quen...?

Quen o poderá amar
co corazón íntegro e aberto,
quen un pouco de amor doará,
quen...?

Con quen poderá contar,
se na hora da soidade precisar,
con quen...?

Con quen poderá falar
para súas ansiedades observar
e que en silencio o puidese escoitar,
con quen...?

Quen podería acreditar,
que a pesar de... séntese só,
quen poderá entender seu amar,
quen...?

Quen de verdade compreenderá,
que a vida inteira tentou amar,
pero sen ninguén o aprisionar.
Quen o entenderá,
quen...?

Quen vai axudalo a camiñar
pola estreita estrada do amar,
segurar no seu brazo para que
a montaña poida baixar,
quen...?

A quen vai contar que sentirá
frio cando o inverno chegar,
sen nada para o agarimar,
a quen...?

Cando menos unha vez el
quixera poder deixar de amar,
quen vai acreditar,
quen...?

Quen lle perguntará se el
algunha vez tivo moita dor,
quen notará a diferenza
entre a dor e o amor,
quen notará,
quen...?

Ser entendido unha vez quixera,
e que alguén abrir puidera,
de novo, súa primavera.
Quen poderá,
quen...?

Quen? Quen??

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega