Poemas na emigración

Páxina Anterior

España e Galicia

Páxina Seguinte

v3mdiz069.html

Patrias da morriña e da fidalguía.
Regosto esquisito d´alma.
Placer indifenible e indefinido.

Quen marcou a rota ao pobo escollido
en dirección ás novas terras
de un mundo escondido?

Eran esas terras mil veces faladas
por navegantes, nobres e bravíos
que as coñecían —visións lonxincuas—
porque as soñavan en noites de estio.

Eran rios moi grandes,
asustadores lagos,
montañas altivas,
vales floridos.

Pobos que esperaban a cada mañá,
como adormecidos, por deuses que
baixaron, das estrelas lonxíncuas,
para elevar ó ceo sús almas.

Viñeron de ben lonxe...
coas velas ondulantes e coloridas,
romperon as ondas, abriron camiños,
deixando marcas no seu destino.

Que sentiu a praia cando o peregrino,
pisou firme e recio, nun novo camiño?
Que sentiu, no fondo, o pobo escondido,
cando viu os deuses Barbados e dignos?

Quen deu á Raíña o soplo divino,
de dar súas xoias, pérolas e safiros?
Quen deu o crucifixo
que se levantou sobre os xentíos?

Quen mesturou o sangue do branco e o xentío?
O barbudo era branco e o xentío era índio,
era sangue nova dun pobo escondido,
era sangue vella do pobo escollido.

Eran duas correntes de dous grandes rios,
xuntos nas veas debaixo de un mesmo signo,
como turbillóns poboaron un novo mundo,
o barbudo branco e o indio.

Falarán outros homes ós tempos pasados,
que houbo sacrifícios de brancos e xentíos,
quizais houbo incompresión un día, pero,
está mesturada, a sangue do branco e índio.

Quebren os homes tódalas cadeas, que surxan
novas nazóns, tantas, coma as estrelas,
creando no mundo novas culturas e
bandeiras tremulando a hispanidade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega