Poemas na emigración

Páxina Anterior

Amor adormecido

Páxina Seguinte

v3mdiz007.html

Fai tempo que non son eu
teño medo de ser un soño
unha fantasía necesaria
nunha cuarta dimensión.

a ilusión
o corpo
o medo

As veces vou a beira do río
oir a harmonía das augas
buscar o feiticio do canto
na escuma branca do delirio.

este lugar
o pánico
o pasado

Durmo no susurro das augas
co brillante raio da luz dourada
co encanto do amor dormido
co alumear da estrela-dalva.

o amor
o sorriso
un xemido

oio unha voz a me chamar
escoito seu corazón bater
quen é non quer me amar
quixera quen é saber.

un grito
un minuto
o infinito

Tiven apenas pavor e medo
que fora unha asombración
da miña loucura inconsciente
da miña infinita imaxinación.

un poema
o futuro
a dor

Ela apagou a miña luz
coma o Sol apaga as estrelas
miña paixón e ilusión,
agora, deixame só com elas.

a espada
a sombra
a solidón

¿Eu a amei? ¡Non sei!
Non a amo agora
xa a amava antes,
non máis poderei.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega