Poemas na emigración

Páxina Anterior

Epílogo

 

v3mdizepilogo.html
     È moito o que a Galicia espera dos seus gobernantes, de seu actual resurximento económico e mais ainda do desenrolo dos proxectos futuros, que deben contribuir, se non que desapareza, pero que se amortigüe ese abominable éxodo diasporiano da emigración de nosa xente para buscar mellores condicións de vida lonxe da súa pequena Patria Galega.

Entre tanto, debemos destacar o admirable espírito dos traballadores galegos na emigración que disfrutan dos mellores calificativos en tódolos países que lle deron guarida para recomezar unha nova vida. Unha nova vida que, mesmo, ás veces con razonable progreso, carrexan unha constante morriña ó ter que vivir lonxe de súa amada terra que a teñen, sempre, en súa última meta e pensamento escrito no libro de súa camiñada temporal. Esta é unha realidade que dentro do doloroso trauma da distancia aínda consiga forzas para soportar con fé e esperanza tantas e tantas penalidades e desenganos.

Os emigrantes teñen sido o verdadeiro cordón umbilical que xunta de maneira permanente a pais e fillos que a través da terra e dos mares do mundo un dia tiveron que separarse. É realmente magnífico escoitar a emigrantes que xa teñen moitos anos de canas falar de súa amada terra galega, de súa querida aldea e tratar, con súa experiencia e coa súa soidade, dos problemas da emigración.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega