È
moito o que a Galicia espera dos seus gobernantes, de seu actual
resurximento económico e mais ainda do desenrolo dos proxectos futuros,
que deben contribuir, se non que desapareza, pero que se amortigüe ese
abominable éxodo diasporiano da emigración de nosa xente para buscar
mellores condicións de vida lonxe da súa pequena Patria Galega.
Entre tanto, debemos destacar o admirable espírito dos traballadores
galegos na emigración que disfrutan dos mellores calificativos en
tódolos países que lle deron guarida para recomezar unha nova vida.
Unha nova vida que, mesmo, ás veces con razonable progreso, carrexan
unha constante morriña ó ter que vivir lonxe de súa amada terra que a
teñen, sempre, en súa última meta e pensamento escrito no libro de
súa camiñada temporal. Esta é unha realidade que dentro do doloroso
trauma da distancia aínda consiga forzas para soportar con fé e
esperanza tantas e tantas penalidades e desenganos.
Os emigrantes teñen sido o verdadeiro cordón umbilical que xunta de
maneira permanente a pais e fillos que a través da terra e dos mares do
mundo un dia tiveron que separarse. É realmente magnífico escoitar a
emigrantes que xa teñen moitos anos de canas falar de súa amada terra
galega, de súa querida aldea e tratar, con súa experiencia e coa súa
soidade, dos problemas da emigración. |