Poemas na emigración

Páxina Anterior

Procura

Páxina Seguinte

v3mdiz008.html

De mañá cedo, ando polo camiño adiante
buscando algo que o tempo levou de min,
dende que aínda era moito mozo e pensava
que todo por onde eu ía pisando xa era meu,
procurando en cada pedra do camiño, axexo e
rebusco debaixo de todas elas, unha por unha,
pra encontrar a sombra do que eu perdin.

Ando polos carreiros do monte d'Alén,
nas ladeiras e nas beiras dos regueiros,
e entre os muros dos prados caídos,
subo no medio das laxes e outeiros
atallo polo monte de xestas e pinos,
onde cabei unha estivada de centeo
pra reencontrar o eco de meus asubíos.

Ando por entre as pedras de suavela e
nos carreiros feitos polos gandeiros,
piso nas pedras que eu sentei un día
axexando alá encima o coto de Bernalda,
vexo o Sol nacer, peseniño, nos outeiros,
alumeando o camiño dos meus pasos
pra encontrar as bágoas que eu chorei

Ando polas carballeiras, pisando
nestas follas secas polo tempo, piso
ben de mansiño, pra non despertar
o soño de un meu amigo paxariño
que un día de miña primavera subía
de póla en póla na árbore, devagariño,
para poder brincar cos seu fillos no niño

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega