Rancores do pasado

Páxina Anterior

Epílogo

Páxina Seguinte

v9dizramosrancoresdopasado002
     Moitas veces, a audacia de unha tal afirmación  é supor o non ser como ser. Non ten na realidade nada de falso e é posibel sin esta condición. Era o que un filósofo e poeta xa afirmaba, tanto en prosa como en verso, a nós, que entón éramos xovens.
     Dicía Eutidemo:
     —O que pretendía dicir con esa irónica metáfora o  grande mestre da sabiduría e da historia da humanidade?
     ... Entón, Eutidemo, preguntáballe Sócrates:
     —Cal é a mellor ciencia —do ser ou non ser— que poida tornar os homes aptos a obrar e gobernar con sabiduría, xustiza e sin rancor?
     —Como buscar —o que é ou non é ser xusto— Eutidemo?
     —Ben, Sócrates; escribamos un (X) para as cousas xustas e, un (I) para as cousas inxustas.
     —Si ti o crees necesario, Eutidemo, fagamos iso.
     —Entón, non existe entre os homes a mentira?  
     —Sin dúbida.
     —De que lado a colocamos?
     —Evidentemente do lado do (I), da inxustiza.
     —E os malos tratos ó pobo ou a unha nazón?
     —Igualmente.
     —E a opresión?
     —Sempre ó lado da inxustiza.
     —Entón non vamos colocar nada do lado (X), da xustiza, Eutidemo
     —Sería estraño, non é? 
     —Como será, si un home que foi electo para escravizar unha cidade inxusta e inimiga, dirémolo inxusto?
     —Claro que non, por certo.
     —Así sendo, ese home procederá xustamente?
     —Sin dúbida.
     —E si enganar e maltratar ós inimigos na guerra?
     —Aínda será xustiza.
     —Se requisitar ou pillar os bens dos inimigos, non procederá aínda con xustiza?
     —Seguramente. Porén, eu pensei que túas palabras só se referisen ós amigos.
     —Logo, non cumpre colocar igualmente do lado da xustiza todo o que puxemos do outro lado?
     —É o que me parece, Sócrates.
     —Queres que colocando tódalas accións do lado que designas estabelecermos, por principio, seren xustas contra os inimigos, porén, inxustas contra os amigos, e que en relación a estes debemos proceder con toda a dereitura?
     —Con todo o pracer, anuiu Eutidemo.
     —Pois ben —prosiguiu Sócrates—.
     —Cando un xeneral ve as súas tropas desanimadas, anúncialle que reforzos están a chegar en seu auxilio e, deste modo, consegue devolverlle a coraxe de loita. De que lado colocaremos esta peta (mentira)?
     —Do lado da xustiza, creo eu.
     —Entón, dis que debemos proceder con toda a retidón con respecto ós amigos?
     —Tal vez non, e se me fora permitido retiro o que dixen.
     —Moi ben, Eutidemo. Antes iso que preservar o erro.
     —Olla, Sócrates, creo que xa non teño máis confianza en miñas respostas, todo o que nós examinamos paréceme inteiramente diverso do que eu imaxinaba. Todavia, séxame permitido dicir que é máis inxusto do que quen engana sin querer, aquel que o fai de propósito.
     —Pensas que pode haber unha ciencia do xusto e inxusto como hai da política ou da historia..., Eutidemo? Quizais non reflitises nestas cousas por te xulgares cansado de tanto sabelas. Mas, xa que pretendes gobernar un Estado que se imaxina democrático, de certo sabes o que sexa unha democracia.
     —Sin dúbida.
     —Ti crees posibel coñecer a democracia sin coñecer o pobo, seus dereitos ou súas necesidade
     —Non! Por Xúpiter!
     —O que ti consideras que chamamos de pobo?
     —Ós cidadáns pobres.
     —Sabes entón, cais son os cidadáns pobres?
     —Como non había de sabelo?
     —Sabes tamén quen son os ricos?
     —Tanto como sei quen son os pobres.
     —A quen chamamos de pobres e a quen de ricos?
     —Ben... Quizais... ??
     —A quen consideramos ser xusto ou inxusto?
     —Ben..., aí tal vez teñamos que distinguir os amigos dos inimigos... ou recorrer a ciencia que ti falaches, Sócrates...


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega