Rancores do pasado

Páxina Anterior

Parte I. Escolma histórica dalgúns excombatentes

Páxina Seguinte

v9dizramosrancoresdopasado003
     Esta escolma non ten a intención de culpar ou redimir a ninguén, nen que se pretenda considerar estas verdades dos feitos históricos como absolutas; xustas ou inxustas. Porén, soamente, coa intención de intentar esclarecer o que moitos xa saben e o que foi visto ou ouvido dentro da óptica e parecer dalgúns protagonistas desta propia historia. Espérase que, a actual e futura sociedade española, coñecedora das causas, non repitan os mesmos equívocos, impensados, que levaron ós españois daquela época a cometer tantas barbaridades desnecesarias.
     Acreditamos que a intolerancia e quizais un pouco de arrogancia dalgúns gobernos, principalmente, dende a caída da monarquia —co exílio de Alfonso XIII—. A partir daí, a España comezou a naufragar en augas turbas, moi revoltas polos vendavais, ciclones e terremotos políticos do máis alto grao posible. Por iso, non é de estrañar que a partir de entón se iniciara na nosa historia, máis unha triste era de decadencia e descomposición político-militar. É claro que, ao analizar  parte da nosa historia, pódese percibir que esa deteorización xa se viña arrastrando durante o final do século XIX e o primeiro tercio do século XX con algunhas insurreicións como consecuencia de todo iso.
     Despois de máis focos de rebelións, durante a segunda República, entre elas; unha civil provocada polos mineiros de Asturias e a militar polo xeneral José Sanjurjo Sacanell. Alén desas dúas primeiras, tamén tivemos a dos capitáns Angel García Hernández e Fermín Galán, na sublevación do doce de decembro, en Jaca, que marcharon sobre Huesca...  Non hai dúbida que a segunda República, con razón ou sen ela, despois deses sucesos, comezou a mirar á relixión católica e aos militares como os seus principais inimigos.
     Na realidade, conforme se manifestaban algúns intelectuais naquel intre, entre eles Ortega Y Gasset: “ó non haber inimigo á esquerda, ese mesmo Goberno estaba consciente de que, o seu principal inimigo agora tiña que ser o Clero e o Exército”. Así, con ese modo de pensar, iniciou unha persiguición sen fronteiras procurando atacar con tódalas armas disponiveis deica as súas entrañas —con razón ou sen ela— principalmente polo ríxido decreto de 25 de abril de 1931, dictado polo entón ministro de Guerra, Manuel Azaña, quizais elaborado para esa única finalidade.
     Segundo algúns críticos da época, o decreto que parecía económico e, aparentemente xeneroso damais, pois, procuraba separar do exército o persoal que tivera menos afecto co novo réximen por súa simpatía polo anterior. Conforme o pensamento dalgúns militares, principalmente do xeneral Mola, o decreto de Azaña era dirixido coa finalidade de debilitar e triturar o influxo das instituicións militares dentro do país.
     O decreto tamén permitía e favorecía os ataques máis denigrantes contra o Corpo de Oficiais que non eran gratos ou non se doblegaban ás esixencias do ministro e de seus secuaces que —antepuñan o ideal nacional— en favor do ideal puramente partidista ou persoal. Para o Goberno do Frente Popular, os exércitos se transformarían en bandos armados como verdadeiras milícias a servizo dos “novos señores do poder”.
     Todos aqueles militares que se considerasen non adictos ó Goberno da esquerda, eran afastados para comandos sen espresión e o máis lonxe posibel dos principais comandos. A todo iso, os militares consideraban unha verdadeira trituración e a partir daí, viñeron os sucesos do campamento de Carabanchel no día 27 de xuño en 1932; entre o xeneral Goded e o tenente coronel Mangada, este último coparticipante na sublevación de Jaca.
     Posteriormente, sucédense moitas arbitrariedades con feitos luctuosos e un sen fin de folgas de carácter violento, que culminaron coa revolución de outubro de 1934 con máis de un milleiro de mortos e uns tres mil feridos, moitos de gravedade. Parece un paradoxo que, para aplastar con rigor esa rebelión —o Goberno republicano de Niceto Alcalá Zamora, tamén mandase vir as tropas de Marrocos —o mesmo que farían máis tarde os militares da insurrección contra a propia República—. Como podemos ver, a estratexia de uns era a mesma dos outros para se manter no comando.
     Pero, o mandatario republicano, en vez de estabilizar o Goberno, con esa fácil victoria, viuse cheo de forza e prepotencia disolvendo as Cortes elexidas un ano antes, convocando novas eleccións para febereiro de 1936. Con esa actitude de confianza e, tal vez arrogante de Niceto Alcalá Zamora, estaba comezando o que sería o verdadeiro caos para o pobo español.
     O Goberno republicano, diante da convocatoria, organiza o “Frente Popular” integrado, principalmente por republicanos de esquerda e os anarco-sindicalistas. Segundo algúns observadores da época, a partir dalgunhas fraudes e amenazas, o Frente Popular, ante unha dereita desorganizada, faise dono do poder. O novo Goberno presidido polo propio Azaña, non tardou en perder forza para as organizacións anarco-subersivas que cometeran toda clase de arbitrariedades e desmandos, contra todo o que non rezase polo seu ideario e pola súa cartilla comunista ou anarquista.
     Naquel intre, de insensatez e prepotencia dun frente populista, toda a España ficou mergullada nunha onda de salvaxismo, multiplicandose os asasinatos, agresións e incendios de igrexas, centros políticos contrarios e moitas folgas con manifestacións tumultuadas. Era o verdadeiro Caos. A mor parte deses incidentes eran provocados ou estimulados pola Comintern (Internacional Comunista) que intentaba aproveitarse daquela situación caótica da República para facilitar o acceso ó poder dos seus correlixionarios españois.
     Coa destituición de Niceto Alcalá Zamora, foi electo Manuel Azaña e, o Ministerio de Guerra é comandado polo galego Casares Quiroga, que, a pesar de supostas boas intencións, el fixo unha persiguición sistemática e sen fronteiras ás organizacións españolas máis significativas no seu fervor patriótico ou relixioso.
     Con todos eses desmandos e arbitrariedades extremas, a partir de dous de maio de 1936, a desorden total por toda a España foi aumentando en progresión xeométrica. Nas cidades, eran as folgas da desorden, no campo proliferaban os asaltos e ocupacións das propriedades agrícolas particulares, inclusive as dos máis humildes labradores de ideoloxiás contrarias. As autoridades constituídas non simpatizantes eran insultadas ou agredidas con frecuencia; cando non eran levadas ó paredón. Era un verdadeiro Caos en tódolos sentidos.
     Segundo datos lidos polo señor Gil Robles, no Congreso da Nación, en 15 de xuño de 1936, as consecuencias de tales desmandos alcanzaban as cifras seguintes: 100 igrexas totalmente destruidas; asaltos 251; mortos 269; feridos de diferente gravedade 1.287... Naquel intre, dicía o exministro de Gobernación dos primeiros tempos da República, señor Miguel Maura:
     —“Si la República ha de ser el Frente Popular, está inexorablemente condenada a una muerte próxima”.  
     Como podía ser visto por tódolos ángulos posibles de informacións e realidades, tiña que haber un fin para o propio Caos da ingobernabilidade republicana.
     A pesar de que chegaban rumores en relación á inquietude e ó estado de ánimo dos oficiais militares, outras clases políticas e paramilitares, o Goberno continuaba calificándoos de desprovistos de todo fundamento. O Ministerio de Guerra afirma que toda a oficialidade e clases do Exército español mantíñanse dentro dos límites da máis estricta disciplina, dispostos a todo momento ao cumplimento de seus deberes.
     O Ministerio do Exército, tamén era sabedor das agresións de que eran obxecto algúns oficiais militares e condenaba con indignación das inxustas agresións; publicando a seguinte nota:
     —“Los militares españoles son modelos de responsabilidad, abnegación y de una firme lealtad, por eso merecen el respecto y gratitud por parte de todos los conciudadanos a quienes han hecho servicio en defensa de la Patria y de la República, con la ofrenda de su propia vida..., e confía en la serenidad de sus soldados en todas las categorías...”.  —Que paradoxo —!!
     Como se pode supor, o Goberno, a pesar de suficientes indicios para unha alarma xeral, simulaba interpretalos en sentido contrario como proba de lealtade e disciplina por parte da maioría dos xenerais menos sospeitosos. Mesmo cando o Alcalde de Estella, Navarra, en 16 de xullo de 1936 —portanto dous dias antes da insurreición dos nacionalistas— comunica e denuncia os movementos que o xeneral Mola estaba a facer coas tropas baixo o seu comando. O Goberno non se abala e responde que Mola é leal á República.  O mesmo ocurre con Casares Quiroga que cando lle falan a respecto, faise de omiso. Na verdade, a actitude dos xefes republicanos era un verdadeiro paradoxo.
     Con respecto ó decreto de Manuel Azaña, para disciplinar e someter ó Exército español dentro do seu pensamento político-militar. Subxetivamente, os comandos do Exército calificaron tais medidas de crueis, malignas e con segundas intencións políticas. Aínda segundo algúns xenerais da vella garda militar, aqueles cambios de normas soamente poderían ser posibles se Azaña houbera estudiado e descutido as necesidades das forzas militares modernas daquel intre, para unha efectiva defensa da Patria.
     En realidade, as reducións do número de militares non axudaron substancialmente en nada na economía nacional, pois, con ese decreto, o mercado de traballo laboral ficou saturado co aumento de máis de 100.000 persoas competindo cos xa milleiros de obreiros desempregados. En contra partida e andando en sentido contrario da paz e da concordia do pobo español: anarquistas, socialistas, comunistas e ata os falanxistas, pasaron a reclutar milicias para o confronto e a seguridade de cada bando político.
     Máis unha vez o caos gobernamental estaba pondo os cidadáns españois nunha encrucillada sen saída. O que era necesario naquel intre, xa non era máis posibel. “Tolerancia!... , Disciplina!..., Disciplina!”...,  que reviste no seu verdadeiro valor cando o pensamento aconsella ó contrario do que se nos manda facer. Cando o corazón pugna en íntima rebeldía ou cando a arbitrariedade e o error van unidos na ación do mando”.
     E, para empeorar máis as cousas, nun intre xa bastante axitado, un grupo de xovens conducidos por un militante esquerdista de nome Rada e protexido de Santiago Carrillo, verteron petróleo en torno da residencia e igrexa dos xesuitas de Madrid. A policía e a garda republicana (de asalto), nada fixeron para impedir que puxeran lume no petróleo. Os bombeiros tamén non se esforzaron para poder salvar vidas e as propiedades. Os relixiosos tiveron que escapar polos tellados das casas veciñas que tamén tiveron unha boa parte queimadas.
     Na continuación dos militantes pirómanos: anarquistas, comunistas e republicanos, dirixíronse a un convento e, despois de saquealo, foron prender o lume nunha escola que era gratuita para máis de 500 alumnos  que era dirixida polos “Hermanos de la Doctrina Cristiana”. Despois de todo iso, aínda foron para un orfanato que tamén mantiña gratuitamente a máis de 300 nenas. O xeneral Queipo de Llano que ostentaba a “Capitanía General de Madrid”, nada puido facer en vista de que xa estaba na mira de desconfianza do Goberno Republicano.
     Miguel Maura, que era un político moi equilibrado, tamén pediu ós ministros republicanos que lle deixasen utilizar a garda de asalto e civil, pero, Azaña expresoulle a opinión da moioría republicana  coas decrépitas e famosas palabras:
     —”Una sola vida republicana vale más que todos los conventos españoles”.
     Outra frase co mesmo sentido político é imputada a Indalecio Prieto:
     ***... “Sería intolerable que por proteger una casa de jesuítas corriera la sangre de un solo obrero”.
     ***J. Arrarás (Hist. II Rep., t. I, pág.97) ... cita como dita por Andalecio Prieto unha frase semellante.
     O Goberno Popular de Azaña e os seus parceiros anarco-comunistas, a pesar de tantas informacións, unhas secretas e outras xa no dominio público, nunha escentricidade e a esmorga da seguridade de que cun simple sopro de aire podían aplastar calquera movemento subersivo; nada facían a non ser asistir aos asasinatos e incendios  de igrexas...
     Pero, o estoupido que detonara o límite de paciencia e bo senso que ata entón viñan aceptando algúns políticos, como tamén unha boa parte dos militares españois que xa tiñan dado moito pola súa patria, chegara ao fin.
     Diante de todo iso e do asasinato do patrício José Calvo Sotelo, perpetrado na madrugada do día 13 de xullo de 1936, por milicias do propio Goberno e co apoio do mesmo; foron rompidos tódolos posibles lazos de unión en convivencia pacífica de tódalas ideoloxías do pobo español. A sorte dos cidadáns españois estaba lanzada nun abismo intrasponibel que duraría varias décadas de odio e desconfianza mútua entre uns e outros.
     O estado de alarma temporario que o Goberno viña mantendo, foi prorrogado no día 15 de xullo ás dez horas da mañá, por unha convocación das Cortes, pois, ata entón estaban coas súas sesións suspensas.
     As dereitas perplexas cos acontecementos, aproveitan esta oportunidade para reclamar ante o país das gravisimas consecuencias polos asasinatos, principalmente de Calvo Sotelo. Un dos parlamentares da minoria, do Bloque Nacional: o conde de Vallellano deu lectura ó manifesto de rotura por non poder, nen un minuto máis, convivir cos cúmplices desa traxedia.
     Aínda nesa sesión das Cortes, despois que algúns ministros do Frente Popular intentaron rebater as acusacións de Vallellano, é a vez de Gil Robles, (que tamén xa fixera parte do Goberno republicano) facer un profundo discurso; citaremos apenas algúns párrafos que merecen máis destaque:
     —“Cuanto mayor sea la violencia, mayor será la reacción; por cada uno de los muertos surgirá outro combatiente. Dentro de poco, vosotros seréis  en España el Gobierno del Frente Popular, del hambre y de la miseria, como ahora lo sois de la vergüenza, del fango y de las lágrimas”.
     Con todo iso, o Exército e os cidadáns de bo senso, non podian ficar inertes diante dunha situación de aprobio e de vergonza nacional. Por esta e outras razóns, surxiu o “Alzamiento nacional” no día 18 de xullo de 1936.
      Segundo algúns protagonistas desta triste e nefasta historia:
     —“Foi un levantamento popular de militares e paisanos contra o separatismo, anarquismo e o marxismo que xa dominaban a segunda República e pretendían colonizar a España a través dos comunistas rusos”.
     Quizais, por iso, esa guerra teña sido inevitabel. Con certa razón, dicía un dos grandes pensadores españois —Salvador de Madariaga:
     —”O levantamento militar foi provocado polos irresponsables da República” .
     Un outro intelectual, novelista  e ateo! E que non era das dereitas —chegou a dicir que:
     —“A España le há salido un tumor y es preciso que ese tumor lo saje la espada de un general?.
     Máis tarde, xa en 1947, pasados oito anos despois de terminada a contenda entre irmaos; nunha entrevista con Madariaga, en relación ó réximen español daquel intre, di el:
     —“ Siendo los generales quienes disponen del poder efectivo, ya que están opuestos a una nueva República y favorecen la monarquía, estimo que ésta sería la forma lógica de esperar”.
     Tamén, despois do caos político-militar español, xa nunha época de aparente paz entre os españois, Azaña fai unha declaración de súas Memorias:
     * —“En el Gobierno Central (de la República) la organización de todo tipo brillaba por su ausencia”.
     E complementa:
     —“Bien puede asegurarse que ya, en septiembre de 1936, el Gobierno republicano estaba hundido al no haber conseguido por aquellas fechas una organización de guerra adecuada ante la obra —vhomicida y suicida— que en la zona republicana estaban cumpliendo, so pretexto de destruir el fascismo, los más desaforados enemigos de la República.. ”.
     Manuel Azaña aínda termina dicindo o que parece que tiña enclavado na garganta:
     —“Durante aquellas semanas que debieron ser decisivas, los dirigentes de la España republicana veían el triunfo propio tan en las manos, que este mismo optimismo causó estragos en la eficacia y prontitud que exigía la organización de las fuerzas armadas y la defensa de la zona republicana. ... Se dio el caso grotesco de que unos trenes de reclutas, movilizados por el Gobierno y enviados a Barcelona, para reconstituir las unidades de dicha guarnición, no pudieron pasar —la raya de Cataluña porque las autoridades locales les impidieron proseguir viaje—. Parece que estaban en otro país y no en España”.
     En fin, eran moitas as estupideces que facían con que a máquina de guerra republicana non puidese funcionar, pois, consideraban todo moi facil de aplastar ou reconquistar e, que os inimigos eran acéfalos ou cousa parecida. Entre esas estupideces, tiña unha que aparecía nas “manchettes“ republicanas e que dicía así: “La batalla de Talavera será nuestra batalla  del Marne!”** E, isto puña a moita xente sensata, da banda republicana, con falsas ilusións de un triunfo moi fácil sobre os nacionalistas.
     Outras non menos sugestivas dicían así:
     ¡No Pasarán!  ...!No Pasarán!!!
 
 
***
FAI>(Federación Anarquista Ibérica) .     
POUM >(Partido Obrero de Unificación Marxista).
Batalla del Marne: Foi a batalla travada entre franceses e alamáns nas marxens do rio Marne, na Franza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega