Rancores do pasado

Páxina Anterior

Parte IV

Páxina Seguinte

v4dizramoscontoselendas004.html


     Como pudemos ver en páxinas anteriores, o servizo de observador da disciplina na Facultade, tíñalle aberto outras posibilidades fóra do estudio de Letras para Abel, despois que terminou o curso. El foi envitado a facer parte do selecto corpo do "Servicio Español de Inteligencia"—(SEI)— no Goberno de Franco. Na verdade, Abel sería un elemento de espionaxe do Goberno Español e ó mesmo tempo dos monarquistas dentro do propio goberno. Portanto, coa función ultra secreta de dupla espionaxe ou contra—espionaxe.
     Era de dominio público que, o Goberno de Franco tiña máis afinidade política con Mussolini e Hitler, pola axuda recebida durante a guerra de liberación contra os que se chamaban roxos ou republicanos. Mesmo así, naquel intre e, neste caso particular, ou quizais por outras razóns, é posibel que a influencia que o Coronel e antigo profesor de Abel tiña co Embaixador inglés na España e co da España en Londres, o teña levado a tomar esa decisión con relación a Abel.
     Por todo iso, el como novo investigador do (SEI) iría facer un curso de entrenamento en Gran Bretaña, apadriñado polo Coronel e polo propio Embaixador, pois, os dous tiñan un pasado comun con relación á monarquía.
     Os monarquistas, a pesar de aderir a causa do levantamento militar contra a república, dende o primeiro momento, sempre tiveron unha nítida independencia ideolóxica cos falanxistas e, mesmo despois de terminar a guerra civil, nunca perderan a esperanza de que un día a España volvese a ter un goberno comandado por unha democracia monárquica.
     Porén, para continuar a poder ter algunha esperanza, era necesario non perder os falanxistas de vista, pois, naquel intre, eles tiñan un pouco máis de forza do que os “requetés”  pola participación no Goberno de Franco. —Os requetés, máis tolerantes, eran os militantes ou simpatizantes armados dos que defendían a monarquia: Carlistas, Alfonsistas...—.
     Para se especializar, Abel foi conducido diretamente da España para o Centro de Entrenamento Inglés, (CEI). A viaxe foi un pouco camuflada a través de un avión de carga, usado por empresarios españois e ingleses, onde a conversa informal entre os pasaxeiros era sobre os prexuícios que as guerras lle causaban. Comentaban eles: antes a revolución española e agora os bombardeos alemáns sobre Londres e outras cidades do Reino Unido eran algunhas das principais causas deses prexuicios, segundo eles falaban.
     El xa tiña sido orientado, polo Coronel, como proceder en relación ó seu duplo papel de investigación política, así durante a viaxe ficou alleo a toda aquela conversa, el soamente pensaba como sería o entrenamento sobre a espionaxe e contra-espionaxe, pois, na verdade, el tería que dar unha dupla información: unha ao Goberno de Franco e outra aos monarquistas comandados por algúns xenerais que loitaron xunto con Franco e que tamén facian parte dese mesmo Goberno pero non das ideas falanxistas.
     A principal investigación de Abel, sería feita dentro da España para axexar de preto ós remanescentes contrarios oriundos da república: republicanos, socialistas, anarquistas e comunistas, principalmente os comunistas que, tanto o Goberno Español como o Inglés tiñan unha certa afinidade no combate ao seu domínio e súa expansión no continente europeo.
     A Inglaterra, mesmo non confiando totalmente no Goberno de Franco, sempre mantive unha xanela aberta para o diálogo co mesmo. Despois da Alemaña e Italia, era a Inglaterra quen suministraba a mor parte dos alimentos necesarios para amenizar a miserabilidade en que se encontraba o pobo español naquele intre de penuria. Ao mesmo tempo en que axudaba, é claro, que por seus propios intereses imperialistas, pois, coa axuda que daba á España, conseguia que Franco se mantivese na neutralidade en relación ao eixe Hitler Mussolini.
     A pesar dos nacionalistas ter recibido axuda militar da Alemaña e da Itália, contodo, eles nunca poderían permitir usar unha España, aínda devastada  pola atroz guerra civil, como unha base militar do eixe nazista ou ponte para invadir a Inglaterra e seus intereses colononiais na África. Segundo as persoas máis próximas do Goberno nacionalista; iso era imnegociabel e impensabel na cabeza de seu xefe Francisco Franco.
     Esa negativa de Franco non significaba ingratitude pola axuda militar recibida para neutralizar as brigadas internacionais que loitaban en favor do lado republicano, que eran fornecidas, principalmente: pola Franza, Canadá e Rusia, tanto en armamentos como en material humano.
     A Alemaña xa tiña invadido varios países do continente europeo, inclusive unha boa parte da Franza, Franco sabía que naquel intre non posuía medios necesarios para impedir que tamén invadise a España, principalmente pola fronteira coa Franza, por iso,  cuntinuaba a manter boas relacións, en tódolos sentidos, para non contrariar a Hitler, pois, era mellor telo como aliado do que como inimigo.
     Abel, xa en Inglaterra, alén de preocuparse co entrenamento e estudios sobre a investigación, tamén xa comezaba a preocuparse cos bombardeos constantes, pola aviación alemán, nas proximidades de Londres para enfraquecer ó goberno británico. El, como fora levado directo, de noite, para o centro de entrenamento, non sabía o lugar exacto de súa localización, pois, comían e durmían alí mesmo. Era un curso intensivo de moi pouco tempo e os responsabeis polo entrenamento eran tan xovens como el, apenas algúns eran idosos.
     Eles eran moi competentes, audaces, rápidos en seus movementos e súas accións ben direccionadas cando era necesario entrar en loita corporal. Tamén compartían aulas de como lidiar co amor, coa correspondencia ben como aprender a coñecer o sentido dos xestos ou olladas para camuflar certos segredos da espionaxe e contra—espionaxe.
     Abel aínda contaba coa proteción do poder das embaixadas, da España en Londres e da Inglaterra en España, para que, así, puidese aprender todos os segredos necesarios a un bo investigador sobre tódolos asuntos nacionais e internacionais.  El tamén tiña conseguido imunidade diplomática da Embaixada da España como se fose un adido cultural. Era máis un disfrace na súa nova función para poder manter a súa identidade máis reservada, tanto na España como en calquera país onde a España tivese Embaixada.
     No seu primeiro test profesional, aínda na Inglaterra, mandárono investigar —propositadamente— a identidade e as actividades de unha señora irreverente e moi astuta que supuñan ser unha espián rusa. Despois de uns días de investigación, parecíalle ter chegado a unha conclusión de quen era e o que facía a incógnita señora. Agora, el tiña dous días para entregar un relatorio con tódolos detalles utilizados na súa investigación e cal era a súa conclusión final.
     Abel, nun dos contactos persoais, supostamente casuais, que tivera coa muller investigada, preguntoulle:
     —Señora, como unha belga podería falar correctamente o idioma español e o inglés?
     —Ah! meu xoven escudriñador, ten poucos meses que volvín da Franza onde acostumo pasar algún tempo e, a súa terra eu xa a coñecía dende a Guerra civil española. Eu xa vivía en Madrid cando era máis xoven facendo parte da Cruz Vermella, pero, tamén paso moito tempo aquí en Londres.
     Abel ficou sorpreso cando ela lle chamou de xoven escudriñador e, díxolle el:
      —Señora, vostede non está a me confundir con outra persoa, chamándome indirectamente de espión?
      —Non, meu respeitado xoven. Deixa que eu complete a súa investigación sobre unha servidora da Cruz Vermella Internacional:
      —No tempo da guerra civil española, foi unha época moi triste para moitas persoas e, principalmente para o pobo español. Eu, quizais teña sufrido máis do que moitos españois, pois, estando alí para axudar, nen sempre podíamos ou tíñamos os medios necesarios para poder socorrer a quen precisaba a través da Cruz Vermella.
      Despois que terminou a guerra, fun para Valencia tamén actuando pola Cruz Vermella, como enfermeira e asistente social onde o principal obxectivo era coidar dos enfermos e intentar reunir as familias que, por causa da inxusta contenda entre irmáns, estaban unhas desaparecidas das outras, principalmente os adolescentes que tiñan perdido os pais ou ficado orfas.
      Pero, o peor, eu presenciei durante a guerra fratecida que, tando de un bando canto do outro: republicanos ou nacionalistas cometeron as máis atroces e nefastas barbaridades en tódolos sentidos.

    —Señora Thea, eu perdín meu pai loitando polos nacionalistas na batalla do Ebro. Aínda me lembro de cando era un xoven estudante, do que facían moitos políticos do meu poboado e súas redondezas, antes e despois da guerra civil: primeiro os anarquistas, socialistas, comunistas... (os chamados roxos) e despois os nacionalistas do Goberno de Franco a través dos sanginarios falanxistas. Eran moitas arbitrariedades sen un sentido racional.
     Alén diso, na miña mente tamén ficaría gardada para sempre, a lembranza do que me contaba miña nai sobre os primeiros días da guerra civil.
     Dicía ela:

     —“Na aldea, tivemos que refuxiarnos nos buracos e nas galerías feitas para extración do estaño dos montes destes poboados da Terra de Montes/Tabeirós—Galiza, España.
     Naquel intre, quizais por un malentendido, creouse a voz de que había unha invasión por tropas militares. Porén, tratábase de un convoi militar da artillería que se dirixía de Pontevedra para o frente de Guadarrama e outros destinos necesarios do comando nacionalista. Eu, contaba ela, pasei a noite con moita tristeza e moito medo, estupor, e moitas bágoas nos ollos, como tódalas nais. Todas nós levamos a familia para durmir nos buratos de unha barronca, preto da aldea”.   
     Porén, ela tamén lembraba, con moita dor no corazón, o que tiña presenciado na actitude desesperada de unha moza que estaba doente, na cama, e, sen poderse levantar para fuxir, xunto cos demais parentes para esconderse no monte, creou forzas necesarias para berrar con todos que se marchasen encanto era tempo: ela ficaría alí mesmo, confiando na proteción de Deus, esperando polo que puidese lle acontecer.
    Segundo miña nai, non houbo a invasión daqueles poboados polas tropas, porén, houbo a convocación obrigatoria para moitos nativos daquelas aldeas da Terra de Montes/Tabeirós, inclusive o meu pai. E, como se sabe, moitos non voltarían nunca máis para ás súas familias, pois, xunto con outros milleiros de irmaos, de un bando e do outro, foron soterrados ou, co seu sangue, regaron os campos de nosa amada terra española.  Case que foron tres anos negros de nosa triste historia e esperamos que nunca máis se volva a repetir, señora Thea.
     —Contodo o sufrimento, Abel, vostede aínda era un xoven espectador, pero, eu, sendo da Cruz Vermella Internacional, xa traballaba directamente coas persoas e, principalmente, coas autoridades gobernamentais onde puiden ver, ouvir e, o que era peor, como ser humano, sentir unha dor dentro do meu peito que me atormentaba constantemente. Víanse símbolos relixiosos, igrexas e conventos destruídos ou queimados polos anarquistas, socialistas, comunistas  e seus cúnplices republicanos, alén de moitos asasinatos que chegaron a queimar monxas dentro dos conventos.
      —Da outra banda, os nacionalistas, non eran mellores que os outros, os peores, como vostede di, foron os falanxistas que eran moi cruéis, completamente irracionais na súa vontade de rebater con máis intensidade o que tiñan sufrido cando os republicanos asasinaron, entre outros, a dous pseudo monarquistas e falanxistas: Calvo Sotelo e José Antonio Primo de Ribera, antes e despois da rebelión armada...

      —Señora Thea, eu, a pesar de morar nun poboado pequeno e de non ter participado directamente na contenda, como adolescente tamén puiden ver e sentir o sufrimento das familias que perdían: pais, irmáns ou fillos, como foi o meu caso. Todo iso foi moi triste alén das atrocidades, entre veciños ou parentes. Houbo moitas inxusticias descabidas, principalmente despois de terminar a guerra.
     —Ás veces, principalmente nos pequenos poboados, as persoas eran obrigadas a reverenciar ou saudar, os ?pequenos caudillos? co brazo e a man dereita ben estarricados para fazer o saúdo costumeiro da falanxe. Do mesmo modo, os militantes do Frente Popular, cando estaban no comando do poder, non eran menos cruéis e patetas. Sin un sentimento racional ou nacional; había que levantar o brazo co puño pechado e dar vivas á Rusia. Era moi triste e unha idiotice o ter que dar vivas a un país estranxeiro e non á nosa Patria.
     —Ti tes razón, pois, Patria e ideoloxía non podem ser confundidas. Eu tamén non podo esquecer de que, durante o mando político dos republicanos, eles tiñan formado e orientado algunhas milicias anarquistas ou comunistas, obreiras, para atacar calquera persoa que estivese usando corbata ou chapéu —era deprimente—. Destruían todo o que fose da relixión católica: rompían cruces, cruceiros, queimaban conventos e casas   parroquiais onde vivian os curas. Alén de ser crueis eran patéticos.

     Despois do levante dos militares e milicias nacionalistas, en xullo de 1936, nos lugares onde tiñan conseguido trinunfar; os anarquistas e seus comparsas foron obrigados a refacer caseque todo de novo, foi moita humillación para quen tiña feito un mal desnecesario e merecían un castigo exemplar, pero, nunca asasinatos, prisión ou campo de concentración como aconteceu.
     —Señora Thea, eu mesmo sendo un adolescente, despois de terminada a guerra, puiden ver alá na miña terra de nacemento, moitos atos de represión cruel e tamén desnecesaria. As vítimas, desta vez, serían uns humildes emigrantes que, inxenuamente, pensando que as cousas xa estaban apaciguadas ou esquecidas, tiñan vindo visitar as súas famílias que xa non as vían había moitos anos. Para moitos deles foi unha viaxe directamente para o cárcere e despois ao campo de concentración con traballos forzados. Uns pagaron coas súas vidas e outros sufriron as consecuencias de ter que penar en campos de concentración por moito tempo.
     —Abel, ao perder seu pai, imaxino como vostede e súa familia tamén deben ter sufrido e do mesmo modo as famílias deses infelices emigrantes que tiñan volvido, inxenuamente, para a súa terra de nacemento. Eles xa estaban sufrindo por vivir lonxe de súa família e de súa patria pola inxusta diáspora emigratoria. Debe ter sido moi triste e penoso para eles e todas as súas famílias.
     —Eu como representante da Cruz Vermella Internacional, no sector dos dereitos humanos -algunhas veces- puiden ver o que acontecía dentro dos muros dos campos de concentración. A maioría que entraba alí, non saía máis vivo, ou cando saía, xa era caseque un moribundo cos días contados, pero non me recordo de ter algún contacto con prisioneiros emigrantes que tiñan retornado á súa pátria. Pregunto eu: que mal tiñan feito eses emigrantes para ser castigados con tanta brutalidade e inxustamente polos falanxistas?
      —Claro que si, señora. Creo eu que sempre pagan os xustos polos pecadores. A España xa había moito tempo que intentaba se convalidar dos fracasos das dictaduras e dos desgobernos dende a primeira e segunda república, principalmente, nos dous últimos anos que precederon ó golpe de estado dado polos militares nacionalistas. Eles estaban insatisfeitos coa anarquía dos mandatarios de unha república acéfala cuxos desmandos non podían ser máis tolerados.
     —Si, Abel, o pobo estaba completamente revoltado non só contra os militares ou políticos golpistas, porén e principalmente, contra a morosidade da acción gobernamental dos republicanos en resolver os problemas sociais. Quizais, todo iso teña sido a causa de tanto odio entre as diversas clases sociais españolas naquel intre.
     —Eu estou dacordo, pois, esa revolta interior, principalmente dos sindicatos comunistas ou anarquistas, quizais teña sido un dos motivos do enfrentamento entre os propios aliados da República, en Cataluña  e Madrid —os chamados sucesos de mayo— onde morreron máis de cincocentas persoas, comunistas e anarquistas, obreiros de cataluña loitando uns contra os outros a pesar de ser do mesmo bando, do Frente Popular...
     —Abel, despois de unha tempada aquí en Londres, vostede non ten ganas de volver á súa terra, non sente un pouco  de sudade da súa família ou de alguén que deixou alá para dividir o seu corazón?

     —Neste intre de preocupacións, alén da ánsia da conclusión do curso de investigación, teño moita saudade dos meus familiares. Con relación á namorada, diría que non teño nada que poida prenderme a non ser algúns flertes con unha amiga da escola, onde estudei alá no meu poboado.
     —Polo que eu teño ouvido e percibido, sen intención de invadir a súa privanza, queríalle lle preguntar, Abel:
     Por que aínda non tivo algo máis comprometedor no amor? Será que está con medo de amar de verdade?
     El cambiou de asunto direccionando a conversa no sentido de aprimorar o seu traballo nas súas novas tarefas de espionaxe. Así mesmo, ela fíxolle unha outra pregunta.
     —Vostede xa serviu ó servicio militar obrigatorio?
     —Non. Eu xa debería ter servido antes, porén, por determinadas circunstancias e orientado polos meus xefes, creen que, automaticamente, xa estou a substituir o servizo militar ó estar servindo nun outro sector que podo ser máis útil ó Goberno. Aquí estou axudando na sustentabilidade do réxime actual colaborando noutros sectores, principalmente a través de medidas preventibas que o Goberno está a impulsionar. Aínda, segundo eles, neste intre, a pesar dalgúns problemas cos refuxiados; o importante é monitorar de preto os remanescentes comunistas ou de outras ideoloxías que poidan estar a desestabilizar o Goberno: fóra ou dentro da España.
     —Non lle preocupa por estar nun sector con unha nova profesión de máis perigo do que facendo carreira no servicio militar?
     —Non. Na verdade eu non sei porque estou discutindo estas cousas con a señora, pois, son asuntos de Estado e, a pesar de todas as súas informacións, aínda non sei moi ben se as miñas conclusións de investigación sobre vostede están completas e correctas.
     —Vostede parece que ficou un pouco irritado coa miña pregunta sobre cousas da súa nova actividade, porén, eu non estaría aquí discutindo eses problemas se non fose orientada por seus entrenadores; inclusive é bon que vostede saiba que, eu, tamén fago parte do equipo que fai a avaliación do curso de entrenamento, aquí en Londres.
     —Perdóeme, señora, contodo, ata que eu teña autorización de meus superiores para conversar certas cousas sobre a miña nova profesión, non me sentirei seguro para facelo.
     —Eu entendo e aprobo a súa actitude con relación a todo iso. A ninguén lle gusta que intenten desvendar os seus segredos invadindo a súa privanza. E, para que non fique preocupado, pódolle informar que a miña avaliación sobre o curso que vostede está a facer, será das mellores posibles.
     Abel torceu a cara para o outro lado en sinal de desacordo sobre o que acabara de ouvir, el xa estaba mareado de tanto falar desas cousa.
     —Eu sei que está aborrecido co que lle falei, Abel, mesmo así, saiba que é do seu futuro que estamos a falar, cando menos, estas són as recomendacións do profesor

Ramiro e do Embaixador da España aquí na Inglaterra. Vostede debería sentirse lisonxeado pola importancia das persoas que lle están a axudar.
     El engurrou a testa e díxolle:
     —Sí. Claro que estou. Eu agradezo a todos polo interés do meu futuro.
     —Vostede sabe que alén de enfermeira e representante da Cruz Vermella Internacional, eu tamén son licenciada en psicoloxía?
     —Sí. Xa sabía. Non lle falei nada a respecto pero foi a primeira cousa que eu descubrín cando tiven que a investigar no meu primeiro traballo como alumno—investigador, ou como lle queira chamar —espión—.
     Abel, despois de recibir o certificado da conclusión do curso foi se despedir e agradecer aqueles que o tiñan axudado a enveredar pola súa nova profesión. Inclusive a Thea.
     Xa no avión, de volta para a España e cun certificado de un curso ben feito nas máns, esperaba que logo puidese por en práctica os seus coñecementos tan logo como chegase a Madrid. Un funcionario da Embaixada en Londres, que el coñeceu logo que chegou á Inglaterra, reparou que el estaba moi concentrado ollando pola xanela do avión os pequenos poboados, alá ben embaixo. E preguntoulle el:
     —Entón, está volvendo en definitivo ou pretende voltar para a Gran Bretaña?
     —Ah! Perdoe a miña distración, pois, estaba pensando na miña chegada a Madrid.
     —O señor é de Madrid?
     —Non. Non son. Eu nacín na Galiza, naquelas terras húmidas e verdes, alén  de moi floridas.
     —Eu vivo na Embaixada porén non sei o seu nome nin o que fai alá dentro. De que parte é da España?
     —Eu son das Baleares, meu nome é Joan Poblet  e na Embaixada son un dos responsables pola área de comercio internacional.
     —Debe ser unha función moi difícil, pois, a Inglaterra neste intre é a maior fornecedora de alimentos e outras mercancías para a España, pero, non lle manda o necesario por causa da política de Franco con relacion a Hitler e o medo da eminente segunda guerra mundial.
     —Na verdade, Abel, esa dificultade depende dos artigos que a España queira importar. Non son apenas alimentos, a pesar de ser o esencial neste intre de penuria en que se encontra a nova sociedade española. Por outro lado, non pense vostede que a Inglaterra fai iso para nos axudar, pois, ese é un xogo de cartas que a ela lle gustaría  de barallar, despois de escoller os socios da España no comercio internacional.
     —Señor Joan, polo que eu sei, a España está procurando manter intercámbios comerciais con algúns dos países que aínda non romperon as relacións diplomáticas, pois, a maioría, por non concordar coas políticas do Goberno Español, xa non ten máis nenhum  tipo de relacións internacionais e, a Inglaterra, a pesar de estar a facer un xogo duplo, é a que nos ten salvado do caos total alimentar.  
     Concordo con vostede, Abel, que ese xogo de cartas de duas caras da Inglaterra é máis para controlar o Goberno de Franco na súa tendencia de apoiar Hitler e seus aliados, só así, mantendo a España na dependencia dos principais bens de consumo, Franco é obrigado a manterse na neutralidade.
     —Agora, e principalmente despois de estar algún tempo fóra de meu país, é que eu comezo a ver as cousas máis claras a través dos varios ángulos políticos e de intereses comerciais dos países. Para vostede que traballa na Embaixada, eses conflictos ideolóxicos e comerciais deben ser unha rutina.
     —Sería bo se fose sempre unha rutina, Abel, pero non é, cada novo día temos unha nova sorpresa das políticas e relacións internacionais.
     —E vostede, cal é a súa función aquí na España?
     —Ben, por agora eu non sei se teño algunha función definida. O que eu teño certeza é que son un profesor de literatura hispano—galaica e fun facer un curso de literatura inglesa en Londres.
     Claro, que Abel non podería revelar o verdadeiro motivo que o tiña levado á Inglaterra, pois, que el soubese, apenas Thea, o profesor, os Embaixadores da España e Inglaterra eran sabedores da identidade que el iría asumir despois dese curso de entrenamento en Londres.

     Xa en terra, no aeroporto, Abel percibiu que varios gardas civiles estaban atentos a todo o que puidese ser sospeito. Joan ó ver un seu coñecido conversando cos civiles, inmediatamente achegouse a eles pedíndolle permiso para saúdalo. Como Abel ficara esperando polo compañeiro de viaxe, preto dos civiles, un deles foi logo preguntándolle se quería algunha cousa. Respondeulle el:
     —Non. Non señor. Eu estou aguardando o señor que está a falar con vostedes.
     —Neste intre, díxolles Joan: ah! Este é o profesor Abel que veu xunto comigo de avión. El ven de facer un curso de literatura inglesa, en Londres.
     —Moito gusto en coñecelos, señores.
     —Encantados, profesor Abel.
      Abel foi logo despedíndose e dicíndolle que aínda tería que procurar un lugar para durmir aquela noite. El sabía que no día seguinte debería presentarse no (SEI), "Servicio Español de Inteligencia". Para presentar un relatorio de todo que: vira, ouvira e aprendera en Londres —no curso de entrenamento inglés—.
     Ao despedirse, despois de andar uns cen metros, un señor ben vestido, de corbata e sombreiro, chamouno polo nome:
     —Señor Abel! Eu son Antero Vera, do Centro de Investigación. Nós sabíamos a que horas o señor chegaría  a Madrid e vin buscalo a mando do meu xefe.
     —Como foi a viaxe?
     —A non ser por un pouco de turbulencia, polo mal tempo e de viaxar nun avión moi antigo, non podería ser mellor.
     —Eu vou levalo ó Centro de Investigación, non é moi lonxe daquí.
     —El esbozou un sorriso falando un pouco máis baixo, embora ninguén estivese preto deles. Os dous entraron nun vello Ford que xa debería ter sobrevivido á guerra civil española, porén ben conservado. Na beira da estrada que ía do aeroporto a Madrid, ben ó lonxe, ó entardecer, avistaron o que lles parecía a Serra de Guadarrama. Abel chamoulle a atención un camponés que estaba con unha xunta de bois, labrando co arado de madeira. Díxolle el:
     —Que saudades de cando eu era un neno, alá na miña aldea, en Galiza.
     —Ah! Vostede é galego?
     —Sí. Da antiga comarca da Terra de Montes/Tabeirós, alá preto de Santiago de Compostela.

     —E o señor, de que rexión é da España?
     —Eu nacin na rexión de Aragón, nunha pequena cidade de Huesca, preto de Jaca, unha rexión que tamén foi moi castigada pola guerra civil española, principalmente a Provincia de Teruel que por varias veces mudou de dono ata que os nacionalistas a tomaron en definitivo.
     —Aquela guerra fixo sufrir moito ao pobo español; non foi señor Antero? Vostede que creo ser máis vello do que eu, quizais teña as peores lembranzas da devastación que ela fixo en toda a España.
     —Meu xoven Abel, no meu entender, foi algo que a maioría dos españois deberían esquecer,  principalmente da deshumana carnificina que se fixo tanto de un bando canto do outro e, moitas veces, por intervención maligna dos estranxeiros. Porén, sin deixar de pensar e refletir nun futuro máis fraterno de unha nova sociedade española. Pero, o que debemos lembrar é que as guerras non lle dan a vitoria a ninguén e que a maioría das veces son o próprio reflexo da intolerancia política, social e cultural.
     —Eu, cando aínda estaba estudiando, fun recrutado polos nacionalistas e, meu pai, xunto cun irmán máis vello foron obrigados a loitar nas milicias obreiras da República. Eles estaban traballando preto de Madrid, no município do Escorial, no intre do levantamento militar contra os desmandos dos anarquistas e comunistas —acubertados polos republicanos—. Ó menos é isto que algúns pensan e falan. Nenhum dos bandos era inxenuo, creo eu; sabían moi ben o que facían: tanto o ben como o mal.
     Xa estaban se aproximando do seu destino por unha estrada de croios soltos por tódolos lados e chea de buracos. Abel ollaba pola xanela do  vello Ford de onde vía algunhas persoas andando de un lado para outro nos afaceres do campo e, un pouco máis a diante, unha patrulla de civiles cruzaba unha estrada veciñal. As persoas estaban preparándose para recoller as cousas do traballo para os cubertos e os animais para os currales.
     Nas rúas, próximas á capital, víanse algúns cans co aspecto cadavérico e cheos de feridas. Na verdade, era un sintoma de que as cousas aínda non estaban moi ben na España da pósguerra, principalmente nas cidades onde as loitas entre os dous bandos foron devastando todo o que encontraban por diante. As persoas ollaban para tódolos lados cun aire de desconfianza, ninguén confiaba en ninguén.
     Aquilo era o resultado do caos que fora deixado por tódolos lugares: Fabricas, indústrias e, principalmente a produción agrícola; todo tiña sido arrasado en nome da irracionalidade política e militar. Xa a pouco menos de cen metros do Centro de Investigacións, Antero Vera aventurou unha pregunta un tanto maliciosa para Abel:
     —Abel, vostede cree que Franco vai querer entrar na guerra en favor do eixe nazista?
     —Non. Eu non acredito que iso poida acontecer. O Goberno Español está intentando equilibrar as forzas dos aliados e dos nazistas, para poder conseguir o que el máis precisa neste intre de moitas dificultades de un modo xeral. É unha tensión moi forte que os dous bandos estranxeiros están a facer sobre a España, mesmo que ideoloxicamente Franco tenda máis para o bando dos nazistas.
     —En parte, eu concordo con vostede, Abel, pois, si de unha banda os nacionalistas —o actual goberno español— procura non desagradar aos aliados, Ingleses, franceses, americanos..., por razóns do intesese de sobrevivencia da propia España neste intre;  polo outro lado, el non quere ser ingrato con Hitler e Mussolini. Eles axudarono a equilibrar as forzas das brigadas internacionais que loitaban do lado dos republicanos e seus aliados: comunistas, anarquistas, socialistas e separatistas rexionais españois, principalmente os comunistas que xa dominaban parte do goberno republicano.
     Na verdade, Abel aínda era un aprendiz con relación ás artimañas e ós segredos da política, tanto nacional como internacional, que tiñan levado a España a un verdadeiro caos. Pero, o seu acompañante no carro, xa tiña amargado as consecuencias funestas de unha guerra civil entre veciños e familiares. Na cabeza del, as persoas quizais aínda tivesen que sufrir  un pouco máis ata que a España puidese encontrar un pouco de paz, saúde e unha alimentacion necesaria para unha vida digna de seres humanos.
     Todo iso, a través da concórdia, moita resignación e desprendimento da individualidade que dicen ser unha característica inherente de tódolos españois. "iHay Gobierno, soy contra!"
     Ollando pola ventá do vello Ford, Abel decatouse que nos muros e paredes das rúas existían algúns pósteres co retrato de Franco sorridente e ó lado as palabras: "iHASTA EL FUTURO!" e, por debaixo daquel cartel aínda se podían ver outros, xa rachados e medio apagados polo tempo —"iNO PASARÁN!", pero, contrariando a frase os nacionalistas pasaron e tomaron Madrid nas barbas dos xenerais rusos e brigadas internacionais.
     Por curiosidade, preguntoulle el:
     —Señor Antero Vera, o que significa aquela frase que está por debaixo do póster, que ten o retrato de Franco, onde está escrito —"iNo Pasarán!"? 
     —Ben, é que na época da guerra, os defensores de Madrid creían que súas tropas de defensa, apoiadas e ás veces comandadas polos propios rusos, eran suficientes para deter o inimigo, no caso, aos nacionalistas que tamén tiñan o apoio de Hitler e Mussolini e, por algún tempo conseguiron detelos nos arredores de Madrid. Ó menos é  iso que di o  póster.
     De feito, os pósteres co retrato de Franco estaban por tódolos lugares, case sempre xunto co símbolo da falanxe —o xugo e as setas—. Porén, polas rúas tamén se vían homes e mulleres co rostro enrugado e queimado polo tempo. As persoas estaban maltrapillas e parecían fracas e dementes, sen ánimo de vivir.

     As "Damas españolas" que, normalmente ten moito orgullo de si mesmas e de súas vestementas, víanse dentro de mantillas negras xa remendadas. Os rapaces brincaban nas conetas, cheas de basura, na súa pulcra e inherente idade, elas estaban descalzas e sucias con un aspecto faminto e asustadas. O medio de transporte era precario e a penas o tranvía estaba funcionando e, os poucos coches vellos deixaban lugar para bicicletas e carrozas. —Este era o prezo do espectáculo deprimente que os españois estaban pagando e continuarán a pagar non sei por  canto tempo—.
     —Señor Antero, a pesar de que temos que superar moitos obstáculos, pricipalmente as feridas deixadas pola guerra civil, creo que, dentro de poucos anos, unha nova sociedade española estará a suxir nesta terra que xa deu tantas glorias e tantos heroes. Neste intre, non podemos e non debemos deixar que eses tempos de tebras e moitas tristezas nos deixen abatir diante do maior inimigo de tódolos españois: a intolerancia e o rancor.
     —Abel, mesmo con todos eses problemas a que vostede se refiriu, non debemos esquecer que a España é maior do que todos nós. Ela é a suma de toda unha gloria manifesta da cultura hispánica e de súa variedade, unha riqueza de matizes e a diversidade de orixes. A España que surxirá, a pesar das distintas paisaxes e costumes das rexións históricas, dos fortes contrastes e súa complexidade; é unha  España  que esperamos vela unida, na cal se poida vivir na máis segura tranqüilidade das planices castelás, a dozura dos vales pirenaicos, a frescura e fragrancia das terras galaicas, mesmo separadas unhas das outras polas montañas burgalesas e leonesas.
     Algúns gandes filósofos e pensadores da antiguidade, daban varias definicións para a España, algunhas un tanto abstratas, porén, cremos nós, que ela prefere esta máis concreta: "a España é unha antoloxía de cidades, poboados, aldeas e rexións históricas, físicas e psicolóxicas —ela é unha só e indisolubel—".

     É unha e son varias: histórica, agrícola, turística e industrial. Pero, entre tanta variedade, sexa xeográfica, sociolóxica e lingüística, a España se configura e proxecta como unha vigorosa voz humana que canta con amor e alegría unha nova aurora e un despertar de unha nova era de paz e progreso —é unha nova "Phoenix Hispánica"—.

     —Señor Antero, eu tamén confío na unidade de unha España unida e libre da intromisión estranxeira. Os nosos problemas cabe a nós —a tódolos españois— resolvelos da mellor maneira posibel. Temos que saber e pensar que a grandeza da Galiza, da Cataluña, do País Vasco ou de outras rexións españolas, non son as mesmas grandezas da España, pero a súa suma, isto é, o seu conxunto indisolubel, formando un todo cultural, lingüístico e fraterno. Tolerancia, sinceridade e sin odios nin desconfianzas, pero, con moito respecto e consideración.

     Portanto, o uso e a preservación da lingua histórica de cada rexión da Península Ibérica, non debe ser encarado como un medio de separación, como xa foi considerado  durante moitas décadas e aínda hai algunhas restricións. Esperamos que a nova sociedade española poida mudar as cousas para un mellor entedemento na órbita histórico—cultural,  rexional e nacional. Que esas riquezas histórico—culturales de un pobo que soube construír heroicamente esa árbore lingüística, que tanto serve para recitar un poema como para dar un grito de guerra. Ela ten que ser preservada: en súa suma, na súa unidade e sin separatismos.

     —Claro, Abel, que todo iso ten que ser moi ben pensado e articulado, respectando todas esas diferencias das rexións históricas de nosa Patria. Pero, como ti dis —non para dividir e sin para sumar.— Sin ufanismo ou xenofobismo que debe ser  o sentimento, entusiasmo e as preocupacións da Patria Histórica que son as mesmas preocupacións e satisfaccións de tódolos pobos da España.

     O novo home que debe surxir nestes anos, que esperamos que sexan de paz social e democrática; non é unicamente aquele que "naceu despois", senón, tamén, o que "veu antes". Aquel que foi abrindo e deixando, no camiño para o futuro, o seu sangue e toda unha carga de mal estar, de diferencias ideolóxicas para sentir dentro de sí a certeza e ambición de que estaba diante de unha tarefa heroica e do ben comun do pobo español. Temos que permanecer fieis a esencia das patrias rexionais ou históricas e de unha Patria grande —A España—.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega