Rancores do pasado

Páxina Anterior

Parte VI

Páxina Seguinte

v2rosavidalcurvaturachemineas.html

 

     Naquela tarde, Thea tiña chegado de Londres ás 12 horas cando daban as doce badaladas nos sinos de unha igrexa próxima do Hotel, onde ficaba hospedada ata saber cal o seu próximo destino na Cruz Vermella Internacional. Ela, por seus moitos anos de servizos prestados, en varios países, a esa benemérita e humanitaria entidade internacional, era unha especie de estrela orientadora dos mellores préstamos á Cruz Vermella Internacional e, tamén, no campo da diplomacia ou investigación, tanto nacional como internacional.

     Porén, a pesar de ter nacido na Bélxica, de pai inglés e nai francesa, foi na España onde ela se identificou e se envolveu máis, non soamente no traballo humanitario, pero, tamén, na súa vida amorosa.

     Nun certo día, cando se preparaba para ir ó traballo, eis unha sorpresa que a estaba esperando na portería do Hotel. Era un de seus antigos pacientes que coidara, como enfermeira, nos hospitais de campaña da Cruz Vermella Internacional. Iso foi durante a guerra civil española, cando servía na zona republicana, en Barcelona. Era Antonio Aranda.
     —O que ti estás a facer aquí, Antonio? Eu véxote moi diferente. Case que non te recoñecía. Vamos andando para o outro lado da acera ó mesmo tempo en que vasme contando, rápidamente, un pouco do que che ten acontecido... Na verdade non pensei que estiveses vivo.
     —Thea, quen loita ou traballa nunha guerra está sempre xogando coa morte, por iso, tamén cheguei a pensar que podías estar morta ou, estando viva, que puideses estar casada con outro home e, quizais con fillos, esquecendo o David.
     —Antonio, eu tamén non podo acreditar que estás aqui diante de min. Como ti dis, imaxinaba que poderias ter morrido na tomada de Barcelona. Por onde tes andado, fuches preso e o que estás a facer agora?

     —Foi moito peor do iso, miña cara amiga Thea, vou intentar che responder algunhas cousas en poucas palabras: 
     Despois que Barcelona tivo que se render aos nacionalistas, procuramos escondernos de todo o que rebulise e tivese unha pistola na man pronta para matar. Primeiro, aínda fuxindo polo interior de Cataluña, no medio de payeses que desconfiaban ata da propia nai, e non era para menos, por causa das atrocidades que lle tiñan feito os anarco—comunistas.
     Un día durmíamos en algunha casa abandonada e outro no monte ou por onde podíamos para que ninguén nos vise, ata que un día tivemos que fuxir cada un por onde puído. Só volvemos a nos encontrar, no campo de prisioneiros de guerra cando fomos capturados. Despois diso, fomos levados para axudar a reconstrir, con outros prisioneiros, algúns bens públicos que tiñan sido devastados polos dous bandos naquela loita deshumana.
     —Que me contas de David, el está vivo ou...?
     —Como prisioneiros de guerra, os nosos verdadeiros ou supostos crimes de guerra imputados eran distintos. Por iso, máis tarde, nós fomos mandados para lugares diferentes.
     —Entón, ti non sabes a onde el está?
     —Outra hora falaremos máis, de min e de David, pero xa hai algún tempo que non o vexo. Acredito que el estexa vivo e vai quedar moi alegre cando saiba onde ti estás.
     —Como soubeches onde eu estaba, Antonio?
     —Nos campos de prisioneiros todos coñecen a todos, pero foi a través dun teu antigo coñecido e actualmente meu amigo moi especial, mesmo sendo un monarquista que axudou a un socialista, pero, o que interesa neste intre, é que somos todos españois intentando reconstrir unha nova España. Agora, que xa sei onde ti estás, calquera día vamos tomar un café, nós dous xuntos, ou, quen sabe, se non podemos estar os tres xuntos?
     —Non pode ser agora, Antonio?
     —Non. Outra hora eu che explico os detalles sobre David e eu, porén, no momento, non sei onde el poida estár. Deica a próxima, miña madriña e amiga Thea.
     Thea, que xa tiña perdido as esperanzas de algún día poder reencontrar David, pois, un amigo dunha familia basca que ela a tiña axudado e coidado do pai nun hospital, en Madrid, despois que terminou a guerra, tíñalle dito que el tamén fora feito prisioneiro durante a tomada de Barcelona, polos nacionalistas, en 26 de xaneiro de 1939. Madrid rendeuse en 28 de marzo do mesmo ano dando así por teminada unha guerra que tantas vidas de xovens ceifou.

     ................................
     No final do ano, en Madrid era moi frío e un pouco húmido. O cuarto do pequeno Hotel onde Abel durmía, era sombrio e todo riscado nas paredes coa pintura moi antiga que a pesar da criada do Hotel ter limpado as paredes a pedido do mesmo, o seu aspecto non mudura nada.
     Ás veces, el ficava imaxinando como se fora meter en tamaña responsabilidade de ter que espiar e invadir moitas privanzas contrariando a súa propia natureza de respitar todo e a tódolos seus semellantes. Outras veces, pensaba que era un medio de gañar a vida como outro calquera.
     O traballo de Abel, alén de axexar os movementos dos falanxistas no goberno de Franco, tamén procuraba e investigaba as persoas desaparecidas do bando dos nacionalistas durante a guerra civil. Por iso non deixaba de pensar nun militante da monarquía que tiña desaparecido na batalla de Brunete e Mósteles en xullo de 1937. Era un desafio para el en poder descubrir o seu paradeiro: vivo ou morto.
     El xa tiña feito contacto con moitas persoas da familia e compañeiros que loitaron xunto con el no fronte de Brunete, para delinear un plano de busca. Por informes persoais e outros secretos, sabíase que durante os combates ou cando se facían os combatentes prisioneiros, tanto de un bando canto do outro, ás veces executábanos sumariamente sen a menor ceremonia ou sentimento de culpa. "Eles estaban nun campo de batalla e era a vida de un ou a morte do outro".

     Abel, tamén recibiu de un de seus xefes, o monarquista, a comunicación de que tiña marcado un encontro coa señora Thea, e que xa estaba de novo na España, a servizo da Cruz Vermella Internacional, para intentar a busca de parte de unha família e do xenro do señor Benito, que, a pesar de ter loitado no bando catalán, era de tendencias monarquistas.

     Para Abel, foi unha grande sorpresa do encontro, por indicación do seu Departamento de Investigación, coa representante da Cruz Vermella Internacional.
     —Que bo podelo ver outra vez e con saúde, Abel!
     —O prazer é meu, señora. Benvida á España de novo! A que debemos a súa volta a Madrid?
     —A pedido da Cruz Vermella Internacional, estou procurando unha xoven de nome Arantxa, que na época da guerra española tiña aproximadamente 18 anos e, segundo informacións, vivía nun suburbio de Madrid nunha casa en ruínas polos bombardeos da guerra de liberación. O seu superior ofreceume axuda do seu Departamento por intermedio de vostede. O que me di diso, Abel?
     —É claro, como un soldado cumplidor dos meus servizos, estou ás súas ordes, señora.
     —Vostede quere que traballemos en parcería ou que cada cal siga os seus planos para reunilos despois da investigación, nun próximo encontro?
     —Ben, polo que eu aprendín, para obter mellores resultados, creo que deberíamos traballar en parcería.

     —Como queira, Abel. Entón, sendo en parceria, vouche pasar algunhas informacións que eu teño para que vaias dando unha ollada á noite no Hotel. Ah! Xa me esqucía de che falar que, como vamos a ser compañeiros de traballo, doravante, tratémonos como tal. Nada de señora ou vostede. Estamos entendidos?

     —Sí. Claro que sí.

     Despois de dar unha ollada nos datos de Arantxa, o que Abel non esperaba, é que esa Arantxa era a mesma persoa que o profesor Ramiro lle pedira para encontrala xa había máis tempo e, como consecuencia, xa tiña moitos datos sobre ela e, pensou:

     —"Será que eu podo compartir o que xa descubrín de Arantxa coa Thea ou primeiro terei que consultar o Coronel a respecto deste asunto, que me parece bastante inigmático"?

     Así mesmo, Abel foi verificar o que xa tiña descuberto sobre a tal xoven Arantxa nos seus arquivos persoais, pois, el aprendera que, dependendo do asunto, ás veces é necesario deixar implícitas algunhas descubertas que non se tivese moita certeza sobre elas. Alén dos datos que lle dera a Thea, no seu ficheiro, el foi separando os que xa descubrira e que tiña como certos; os que aínda non estaban confirmados, escribeunos nun borrador.

     O que Abel xa tiña descuberto con relación a Arantxa non era moita cousa, pero, xa era un bo comezo:
     1—Ela moraba xunto coa nai e quizais un irmao ou un primo que tiña ficado orfo por causa da guerra civil.
     2—Arantxa gañaba un pequeno salario do cal sobrevivían os catro menbros da familia.
     3—Ela traballaba como secretaria auxiliar nunha escola primaria.
     4—Nível de estudios: Ela estudaba para enfermeira cando hoube a rebelión militar dos nacionalistas en 1936.
     El xa había moito tempo que a estaba envestigando para ter certeza de súa verdadeira identidade, seguíndoa sempre que tiña oportunidade para inteirarse de todo o que ela facía cando estaba fóra de casa. Agora, que xa estaba na hora de ter unha conversa máis próxima con ela, tería que esperar un pouco máis ata ver que rumbos tomaban as investigacións en parcería con Thea.
     Doravante, despois de ter a aprovación, confidencial pero restrita, de un dos xefes —o de tendencias monárquicas que era amigo do Coronel Ramiro— Abel xa podía transferir algúns datos para a compañeira Thea, no seu primeiro encontro de traballo.
     —Hola, Thea! Como estás?
     —Xa tes algún plano á vista?
     —Non, eu estiven pondo os meus datos en orde para facilitar a investigación.
     —E ti, o que me contas de novo?
     —Eu, como xa tiña outros traballos de investigación, antes de ti volver de Londres, aproveitei a ocasión para obter algunhas informacións da nosa procurada, Arantxa.
     —Conseguiches algunha cousa a respecto dela?
     —Non moito, pero, xa é un comezo. Vamos tomar un café e ó mesmo tempo, con os debidos coidados, eu vouche pasar os datos que creo seren verdadeiros.
     Na rúa, eles podían ver uns nenos coa aparencia de pobreza, que andaban a procura de restos de comida ou algunha cousa que lle diminuise a fame. Pedían nas portas das casas ou nalgún almacén de comestibles e, nun determinado intre, presenciaron unha escena bastante común naqueles tempos de póstguerra, onde a miseria rondaba na mor parte dos lares españois, principalmente onde as batallas encarnizadas tiñan devastado caseque todo: as fabricas de un modo xeral e os campos produtivos de alimentos.
     Un pouco máis adiante, munidos con paus e pedras, outros rapaces pelexaban por un pouco de comida. Travaban unha verdadeira batalla de rúa e, como resultado, dous ou tres rapaces feridos con pequenas rabuñadas, pero, por sorte, a penas un deles tiña levado unha pedrada que lle fixo un corte na cabeza, sangrando bastante. Abel aproximouse deles para separalos e ó mesmo tempo intentar socorrer o que estaba ferido e, chamando pola compañeira, díxolle:
     —hea, axúdame aquí para socorrer este rapaz que está ferido na cabeza. Ela tamén era enfermeira. Ó achegarse, preguntoulle:
     —Onde vives, neno? Tes família? Eu teño que che facer un pequeno curativo. El hesitou en responderlle e, ollándoa desconfiado, alonxouse dela.
     —Deixa el conmigo, Thea, quizais, por eu ser home, o consiga convencer a ir a unha farmacia. Despois de moita conversa e paciencia, conseguimos convencelo a facer o curativo. Despois diso, el ficou moi satisfeito e agradecido.
     —Abel, pola miña experencia de psicóloga, eu diría que ese rapaz debe ser dunha familia de clase media, pois, a pesar de maltrapillo, ten uns modos bastante refinados.
     —Concordo contigo, Thea, pois, cándome despedín del, ficou ollándome de unha maneira toda especial facéndome sinal para que me achegara un pouco máis e dicíndome se eu quería apuntar o nome da rúa onde moraba. Pregunteille se vivía alí preto ou era moi lonxe, conforme a distancia eu podería andar un pouco máis para que el me enseñase a rúa e a súa casa.
     —Non, non é lonxe, señor, é logo alí preto, eu moro naquela casa alá adiante que ten unha parte derribada da época da guerra de liberación. El foi logo despedíndose de min con un sorriso moi largo de quen tiña ficado sactisfeito de nosa conversa. A casa estaba nunha rúa moi escura, medio escondida e chea de buratos.
     —Thea, eu vouche enseñar a casa dende aquí para que saibas onde el vive e, para túa sorpresa, é aí que tamén mora Arantxa. Non sei se a casa está dividida por dentro para dúas famílias ou si, na verdade, eles son da mesma família.
     —Ti xa sabías que a Arantxa vivia aí? Non crees que é moita coincidência, Abel.
     —Claro que sabía! Só non sabía que era a mesma persoa que nós dous tamén estamos procutrando, ese enderezo está nos datos que eu che dei, podes ollar que está xunto con outros informes. Agora, despois do inesperado acontecemento, paréceme que deberíamos voltar para examinar todo con moito coidado. Ademais diso, eu teño que facer meu relatorio semanal no Centro de Investigación. Para iso, preciso preparar o esquema nun borrador e amañá pasalo a limpo para o arquivo do SEI.
     —Está ben así, respectada compañeira?
     —No día seguinte cando Abel estaba no (SEI) Servicio Español de Inteligencia, Antero Vera, o compañeiro do SEI que fora buscalo no aeroporto, saudouno ó mesmo tempo en que o invitaba para tomar un vaso de viño e comer unhas tapas, nun bar próximo.
     —Como é que vai no seu novo traballo, Abel?
     —Non é nada fácil para un aprendiz, pero, aos poucos vou chegar na perfección, das mañas e artimañas da investigación. Dos tres casos que me encargaron, un deles está prestes a concretizarse.
     —E aquel militante catalán con tendencia monarquista que desapareceu en Barcelona, pouco antes de terminar a guerra, xa entregaches o relatorio?
     —¡Non, aínda non pero xa teño máis algúns datos que me deu un familiar dese desaparecido. Quizais teña que facer outra viaxe a Cataluña para colectar máis informacións sobre el, pois, é posibel que teña sido transferido para o cárcere de Barcelona. Eu xa estiven outra vez en Barcelona, pero, os datos que conseguín leváronme a unha familia madrileña que aínda non tiven moito éxito para encontrala. Coas novas informacións que conseguin nos últimos días, tal vez complete o meu traballo.
     —Espero que teñas máis sorte do que eu, pois, tamén estou con unha tarefa moi complicada, de contra—espionaxe internacional, das relacións hispano-francesas sobre os refuxiados españois que, moitos deles, tamén están en campos de refuxiados cos familiares separados uns dos outros e con poucas esperanzas de melloría para xuntalos.
     O terminar a guerra, ó pobo e ós soldados cabería fuxir, cando puidesen, ó descuberto e sob as vistas da aviación e artillería dos vencedores. Máis de 400 mil cidadáns españois humillados, cansados famintos e abandonados por aqueles que os tiñan levado combater un terribel combate, para despois, ser aínda máis castigados e masacrados polas autoridades francesas nas areas escaldantes ou ventos xélidos nos campos de concentración para refuxiados.
     A Franza non cumpriu as promesas feitas aos republicanos de un modo xeral, soamente para os fillos—dalgo: Azaña, Negrín, Companys ...., e os poucos recursos monetarios que existían no Banco de España, os gobernistas republicanos, seus apadriñados comunistas e anarquistas limparon o cofre enviando todo para os seus camaradas rusos.

     —Os españois ficaron a ver navios ou chupando o dedo. Stalin, fixo un comentario —de forma burlesca— con algúns de seus colaboradores comunistas cando o ouro español chegou á Rusia:
     "Así como o home non pode ver súas propias orellas, o mesmo lle acontecerá ós republicanos españois co ouro enviado a Rusia".    

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega