Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 4

Páxina Seguinte

Epílogo

RISA DE ANTÍA


DURME, ANTÍA


(I)


Que durma Antía,

doce manía
do seu avó,


cochorocho,

cochorocho,


que o caracol
xa garda os ollos

de xirasol,


achú chuchuchú,

achú chuchuchú.


Que durma, durma,
que a xoaniña da noite
xa conta os dedos da lúa,


cochorocho,

cochorocho.


Que pousen quedas
as bolboretas azuis
nos ollos da miña nena,


achú chuchuchú,

achú chuchuchú.

 

 

(II)


A miña nena non quere

hoxe durmir.
Quere coller esa nube

que algodona o ceo anil

e cabalgándoa viaxar
de alegría en alegría.


Que non, que hoxe a miña nena

durmir non quere,
que quere xogar coa luz
dos seus ollos,
azulear os roibéns
e resucitar o día.


Hoxe non quere durmir

a miña nena.
Prefire, con frenesí,

tocarlle palmas á vida,

axóuxere rosicler,

misterio feliz,
Antía.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega