Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 7

Páxina Seguinte

Epílogo

COMPAÑEIRA

XUBILACIÓN


Hoxe encetas andaina, novidade

absoluta e belida.
Xa imos indo vellos nos amigos

devalos dese mar chamado vida

e faremos tamén ese camiño

collidos polas mans
nenas e xoves
e maduras e vellas, coma onte,

coma hoxe e mañá.
¡Quixera desexarche tantas cousas

na homenaxe debida!
Pero as verbas son bolboretas tolas

e só podo na alma darche un bico,

compañeira de vida.


23 de xuño de 2006

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega