BVG Atrás Índice de Páxinas |
Saudades gallegas |
||
"Galicia" |
|
m5vlsaudadesgallegas019.html
[p. 119]
GALICIA.
A Don Alfredo Vicenti.
¡A raza d' o celta indómito
vay de nós desparecendo;
que pouco nos vay quedando
d' a grandeza d' outros tempos,
e como esmaya e vacila
o espiritu d' os gallegos!
D' as revoltas d' a nobreza
a matanza y-os incendios,
non demolen burguesias,
nin deixan os campos ermos,
pero tampouco d' a indústrea
[p. 120]
o xenerador alento,
novos tesouros descobre
que impulsen o noso medro,
nin d' as entranas d' a terra
o xérmes arremovendo,
a agricultura recolle
produciós de mais proveito,
que s' as armas se deixaron,
tamen-o arado está quedo.
PoI-as congostras natales,
camiñando van os vellos
c' o frio n-o curazon
e co-a neve n-os cavelos,
desesperanzados, tristes,
cuasi espidos e famentos.
PoI-o seu loitar xigante,
poI-o seu trabaIlo inmenso,
tal galardon alcontraron
n-o pais onde naceron.
A xuventú pr' as Amérecas
emigra c' o pensamento
d' o que lle negan n-o própeo
recoller n-o chan alleo,
[p. 121]
e lonxe n-aquelas terras
que produtivas fixeron
c' os suores d' o seu rostro,
fértil, abondoso rego
e co-a forza d' o seu brazo
ô rudo traballo afeito,
feridos poI-as mais fondas
saudades, van morrendo,
ou ben morren de miseria
en duro, emprestado leito.
Pol-os montes d' a terriña
espidos vagan os nenos,
os coidados d' a facenda
por úneca escola tendo;
ninguen precura que caya
n-aqueles virxes cerebros
a semente d' unha idea
nin á luz d' un pensamento;
q' a nova xeneracion
que ha de vir á socedernos
vay criada n-a iñorancia,
sin pan n-o esquecemento.
¿E como podrá Galicia
con tan probes elementos
[p. 122]
camiñar con pranta firme
pol-a via d' o progreso?
¡Cando n-os pobos e montes
han de resoar os ecos
d' a voz amiga que chame
a Redencion ôs gallegos!
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |