Saudades gallegas

Páxina Anterior

"Agoiros"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas011.html

 


[p. 61]

            AGOIROS


   Non hai noite que non veña
n-un d' os loureiros d' a horta
o moucho negro e sombrio
a pousar n-as verdes pólas,
e cando mais bufa o vento
sacodindo as débres follas,
cando estrala o madeirámen
y-a chuvia os vidros azouta,
d' un modo tan triste canta.
qu'escoitálo dá congoxo.

   Non poiden pechar os ollos,
nantronte: pra min as horas

[p. 62]

cal precesion de pantasmas
pasaron lentas e xordas;
Deitada estaba n-o leito
n-a antitude d' unha morta;
escasa d' aceite a lámpara
daba unha luz tan medosa,
que mais que luz, parecia
fosforescencia n-as sombras;
o vendabal retorcéndose
bruaba n-as corredoiras,
chovia como si as nubes
a inundar os agros foran,
y-os roucos chios d' o moucho
chegaban â miña alcoba
monótonos, estridentes,
fatidicos e con forza:
¡nunca tiven tanto medo
nin pavor de verme sola!
   Arrepiada, tremando,
acocheime baixo as roupas
pra non escoitar os chios
d' o paxaro qu' onde pousa,
ou malaventuras venta

[p. 63]

ou d' alguen a morte agoira.
   Eu non sei se foi un sono,
ou ilusion enganosa,
delirio, presentemento
ou adivinanza tola;
mais xuraria que oubin
tenra, vaga, malancónica
unha voz que me dicia:
«Probe virxen non t' escondas
nin medo teñas ô moucho
que nos loureiros d' a horta
ven a entoar pol-as noites
a sua cantiga insólita:
chia o moucho n-os loureiros
por que non n-a terra nosa
son estos álbores simbolo
d' a inmortalidad' e groria,
pois mentras n-os pobos cultos
d' o lourel co-as verdes follas
pr' os héroes e pr' os poetas
estan tecendo coroas,
non chegaron en Galicia
inda á sirvir pr' outra cousa,

[p. 64]

que pr' a anunciar as tabernas
pondo ramallos n-as portas,
pra darIle sabor ôs guisos
e pr' afumar carnes mortas;
que n-a sustancia e n-o fume
moitos teñen as suas grorias.
   ¿De que t' estranas que o moucho
qu' ô redor d' a morte voa,
que canta malanconias
e que disgracias agoira,
veña á chiar pol-as noites
n-os loureiros d' a tua horta?

   Esto xurára que oubin,
e vou conecendo agora
que se mentira non fose
qu' os mouchos a morte agoiran,
eiqui en Galicia voáran
cantos poI-o mundo voan.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega