Saudades gallegas

Páxina Anterior

"O berme"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas012.html

 


[p. 65]

                    O BERME.

               A D. Juan M. Paz.

                           I.


   Por que lataba, us dias, cuasi sempre
poI-o gando gardar, non iba â escola:
naceu e crióuse n-as montañas libre
com' as aves que aniñan entr' as rocas.
   PoI-as noites d' a chuvia e d' a xeada
pra se librar, buscaba n-a sua chouza
mal coberta de pallas agarimo:
tiña por luz o resprandor d' as foupas
que á mangados queimaba n-un curruncho:
tiña por cea solamentes broa,

[p. 66]

por leito tiña o leito d' a facenda,
e por manta os farrapos d' as suas roupas:
tiña unha nai tulleita, que sofrindo
vivia d' o delor e d'a limosna,
e s' algo tiña mais qu' a sua miseria,
era un alma sensibre e soñadora.
Tal era Xan cando chegou á mozo,
pelra n-a cuncha mais cativa envolta.

                              II.

   Non pensa o rico que n-o mundo hay probes
nin os felices n-os coitados pensan:
Xan co-a sua nai soliño cavilando
pasou tres dias que durou a festa
d' o San Martin, o santo milagroso
e de mais devocion n-aquela aldea.
Todos, entr' o barullo y-os praceres,
tanto esqueceron â infeliz tulleita,
que de fame espirou a que vivira
chea de enfermedás e de miseria.
   Algo estrano pasou poI-o seu fillo
n-aquela noite de delor suprema,
tendo diante d' os ollos, d'a nai morta

[p. 67]

sobre unhas palIas a figura rêxa;
alumada d' as foupas e d' as uces
pol-a chisporrotante labareda:
algunha man treidora n-o seu peito
arremoveu o pozo d' as xenreiras,
facendo que á frol d' auga aparecesen
cobras e lodo en misturanza horrenda:
algun xénio d' o mal, tizou o lume
d' as suas pasiós, trocándoas en fogueira
que consumeu voraz as que gardaba
últemas esperanzas e creencias.
   Dende estonces, sombrio, malencónico,
esquivando toparse c'os d' aldea,
buscaba mais a soedá d' os montes,
pracialle mellor vivir co-as feras,
e dend' estonces foi pr' os seus veciños,
xa que pantasma non, nin alma en pena;
un tolo, pois segun aseguraban,
metéraselle un berme n' a cabeza.

                              III.

   Nin estúdeos, nin libros com' as coitas

[p. 68]

d' un labrego vulgar fan un filósefo.
Quen mais sofre mais sinte; quen mais pensa
ten mais desexos d' afondálo todo.
Falto Xan d' as nociós rudimentarias,
sin mais axuda que o sentido própeo,
como moito sufriu caladamente,
tamen moito sentiu, e pensou moito.
Por natural incrinacion propenso
á doerse n-o seu d' o mal d' os outros,
pensou n-os probes que com' el vivian
co-a fame en guerra y-en eterno loito;
e como si o restrego d' as ideas
fixese luz n-o seu cerebro, foron
aparecendo craros, latexantes,
o pensamento e raciocinio fondos;
d' esa grave e croel filosefia
espida de ilusiós, fixose dôno,
y-ôs esprandores d' a intuicion d' o espritu
chegou á ver con pavorento asombro,
qu' os enganos d' o mal son mais fecundos
q' a doutrina d' o ben entre nosoutros:
chegou á conecer que si n-os homes
as vertudes de seu dan malos froitos,

[p. 69]

hay acultos poderes que os colleitan
n-o curazon mais ermo e mais enxoito;
e pensou qu' era un crime que namentres
a probeza vivia n-o abandono
famenta, espida, miserabre, enferma,
a riqueza, agardando com' os corvos
á que a morte fixése n-ela vítemas
pra fartarse dempois n-os seus despoxos,
enchia os cabazeiros pra pechálos
o mesmo que si fosen un tesouro;
y-a forza de pensar, chegou un dia
en que volvendo car' o ceo os ollos,
escramou con acento de profunda
convicion: «o probrema está resolto»
e c' unha man batendo n-a cabeza,
falando a solas proseguiu: «Recordo
que hay un berme n-a terra tan pequeno
que non se pode ver nin con antiollos»
«este berme cativo, xordamente
roe, roe n-o millo, fai estrozos,
y-afuracando os graos, cheos de nada
com' a concencia d' os avaros pónos:
inda non ben a sua presencia ventan,

[p. 70]

senten mudo terror, frio n-os hosos,
e pr' atallar a perda, n-o mercado,
mandan vender o grao, pan d' os colonos,
e mércano barato, e con fartura
poden manter os probes o seu corpo:
¡o que o deber ya reIixion non poden,
fáino ese berme, un átomo de poIvo!
Facer medrar a praga, introducila
n-os graeiros d' os mais avariciosos,
facer qu' os homes sexan compasivos,
un berme solo en movemento pôndo
é facer un milagre, é ter n-o mundo
a mision escollida d' un apóstol.
¡Anemo! xa qu' â voz d' a caridade
algús oubidos queren estar xordos,
xa que non val a relixion, que vallan
os poderes acultos d' o gorgoxo:
¡berme, amigo d' os probes, segun vexo
vales mais q'algús homes... berme e todo!»


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega