Saudades gallegas

Páxina Anterior

"Xan de Pitelos en Compostela"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas014.html

 


[p. 75]

XAN DE PITELOS EN COMPOSTELA


   Lein n-os papés d' a vila,
que s' alcontra tempos fai
sen curso de Doutorado
a nosa Universidá:
eu q' anque vou pr' as ancollas
teño un xeniño de can,
que poI-o ben d' os gallegos
armo unha de paus ¡que xá!
pois non teño medo a naide
levando a moca n-a man,
un dia ô nacer o sol
fúnme de car' á cibdá:
xurei poI-os vintesete

[p. 76]

que n-a Porta Santa estan
que precuraria porlle
un remedio á tanto mal.
   Sin un chavo n-a faltrica,
cousa en min vella de mais,
con mais fumes n-a cachola
que fume n-un forno fai,
alancando poI-as ruas
cheguei â Universidá:
agariméime ond' a porta,
votei a monteira atrás,
o fungueiro de carbaIlo
pouséino Iogo n-o chan,
e pondo alceso n-a boca
un xaruto de dous cás,
agardei qu' os estudiantes
viñesen, pra Iles falar:
mais com' anque son valente
teño vergonza de mais,
foron vindo, y-eu calado
estivenos vendo entrar
sin estreverme á dicirlIes,
¡eiqui tendes o Tio Xan

[p. 77]

que vos quixo, que vos quere
que sempre vos quererá!
   Moitos garridiños mozos
entraron n-aquel lugar,
verxél d' as cencias e letras
d' o noso gallego chan;
mozos cumpridos, xeitosos,
como en ningures non hay,
que quen-os vexa non ten,
mais remedio qu' escramar:
«¡estes chegan á bos mozos,
mil veces vénia seus pais!»
   ¿Porqué diaños o Menistro
tivo a acordanza fatal
—¡malo rayo ch'o non parta!—
de soprimir anos fai
o curso d' o Doutorado
n-a nosa Universidá?
   ¿Porqué razon os gallegos
non han poder compretar
os estudeos n-a sua pátria
como os de Castela fan?
   ¿Porqué os nosos Deputados

[p. 78]

chamándose os nosos pâis
non recraman todos xuntos
ô Goberno nacional
as costumes d' outros tempos,
mais xusticia pr' este chan?
   ¡Pois qué! ¿Non témos nosoutros,
non ten a Universidá,
renóme, direitos, groria
dende algús sigros atrás?
   ¿Non deu os sábeos á centos,
y-agora sábeos non dá,
esta escola relembrada
entre todal-as demais?
   O Menistro de Fomento,
ou ben iñora o que fai,
ou non sabe nin migalla
d' a Hestoria d' o noso lar,
ou quere ferir de morte
a nosa Universidá.
   Vóulle á escrebir unha carta
qu' anque sei que non fará
ningun efeuto n-a córte
pois de nos caso non fan,
sempre é bó que a sua Excelencia

[p. 79]

vaya sabendo as verdás.
   E dito e feito, escrebinlle
os renguilós qu' eiqui van,
feitos co-a pruma esgallada
que me emprestou o Chaán:
   «'O Menistro de Fomento
»en Madrid.
Seis anos fai
»si non me minte a mamoria,
»señor, que o gallego chan,
»tan garrido como nobre,
»tan nobre como lial,
»vése sofrindo as desgracias
»fondas que lle veu causar
»a privacion d' un direito
»n-a sua Universidá;
»pense, señor, qu' os gallegos
»nunca folgados están,
»que por moito que trabaIlan
»non son ricos, e que xa
»non sei como poden sempre
»tantos trabucos pagar.
»Eiqui ninguen n-os axuda,
»os campos desertos fan

[p. 80]

»¡fáltanlles, señor, os homes
»arrincados ô seu lar!
»us que nos levan pr'a guerra
»outros que á Bós-Aires van
»e nol-os vellos, sin forzas,
»endebres pra traballar,
»quedamos eiqui sofrindo
»moitas penas, moito mal,
»precurando con aforros
»un diñeiro, que se vai
»en pagar trabuco e rendas
»y-en darlle ôs rapaces pan;
»mais un pan, señor, muy negro,
»que o delor mais negro fai.
»Facendo cen sacrificios,
»n-a nosa terra, háille páis,
»q' os seus fillos pr' os estúdeos
»mandan a Universidá;
»ben poden eles dicirlle
»canto seu esforzo val,
»pódenllo dicir as vágoas
»que verten as probes náis
»en namentres q u' os seus fiIlos
»non concruyen d'estudear:

[p. 81]

»pois ben, señor, hoxe vénse
»os fillos, tamen-os páis,
»n-unha situacion muy críteca,
»que se pode remedear
»si Vocencia pensa un pouco
»n-os orixes d' o seu mal.
»Supriméuse o Doutorado
»n-a nosa Universidá,
»y-os que ser Doutores queren
»n-algunha d' as Facu!tás
»os estúdeos a Madril,
»teñen qu' ir a compretar:
»Vocencia non desconece
»qu' é o saber universal,
»pois nunca foi privilexio
»nin patrimonio d' un chan:
»Santiago, como Madril,
»ten unha Universidá,
»antígoa, ilustre, groriosa
»e con direitos iguás;
»¿e porqué estonces ll' arrincan
»â Escola d' o noso lar
»os direitos que lle deron
»papas, reises, y-outras mais

[p. 82]

»presoas de poderio
»querendo a Galicia honrar?
»Señor Menistro, a xusticia
»causa con nosoutros fai;
»cavile n-elo con calma
»que ll' é cousa de pensar
»nunha cuestion que fai anos
»ô ceo cramando está;
»pense que Galicia sempre
»foi con España leyal,
»derradeira en coller gracias,
»com' a primeira en pagar,
»fera nemiga d' a guerra,
»e dolce amiga d' a paz:
»¿porque o seu ansi lle collen
»os que nada bo lle dan?
»¿os que tanto ben lle deben,
«pra qué lle pagan tan mal?
»Esto lle fala quen leva
»a moita honra, en verdá,
»monteira honrada n-a chola
»e pau con moca n-a man.»


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega