Saudades gallegas

Páxina Anterior

"A cruz d'os farrapos"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas003.html

 


[p. 11]

   A CRUZ D'OS FARRAPOS


   Pelegrino d' outras terras,
¿pr' onde vas pelegrinando
por tan estreitos camiños
coberto de polvo e canso,
os vestidos n-as silveiras
pouquiño á pouco esgazando,
e mal ferindo n-os coyos
os pés que levas descalzos?


   S' é que vas pr' a Compostela
a ver o Apóstole Santo
pra cumprir un voto feito
d' aIgun beneficio en pago,

[p. 12]

non camiñes tan de presa,
Pelegrino, acurta o paso,
que pra facer a romaxe
tempo terás se tés ánemos.


   Se levas o pensamento
de dar ô corpo descanso,
si os mendiños que te cobren
vas a trocar, mal pocado,
canto mais andes, mais cedo
hacharás o desengano.


   Non ch' é Compostela agora
o que che foi n-outros anos;
non che ten pr' os pelegrinos
leito, roupas e pan branco,
nin hospitaliños ledos,
nin cabaleiros Temprarios
q' os defendan d' os galloufos
s' é que quixesen roubálos:
Compostela estáche morta
pr' os que van pelegrinando.

[p. 13]

   Estan as ruas desertas,
estan os tempros pechados
pol-a noite, e n-os altares
non hay cirios alumeando:
non alcontrarás pousada,
nin unha cunca de caldo,
nin leito e luz, se non levas
n-a faltriqueira algús cartos;
non che darán roupa nova
d' esa roupa vella en cámbeo,
cando esmorecido chegues
á aquela Cruz d' os Farrapos:
hoxe esa Cruz esquecida
a ninguén empresta amparo,
vive com' a nosa terra
d' as relembranzas d'antano,
e mais que poI-os mendiños,
por un mártir agardando
está c' os brazos abertos
e c' o tronco despexado.


   Non estranes Pelegrino
s' ô chegar ond' ela canso,

[p. 14]

non alcontras quen che dia
o agarimo cobizado:
non estranes s' é que deixas
os teus n-a Cruz d' os Farrapos,
que quedes solo y-espido
de frio e fame tremando:
os pelegrinos d' agora,
os qu' eiqui pelegrinamos
pra comprir os votos feitos
d' esta patria en holocausto,
xa ben sabido cho temos
que dempois de mil traballos
ô fin d' o viäxe..... á morte
ou o martirio daránnos:
mais que pelegrinos, mártires
huxe nós necesitamos.
   Non che queren pelegrinos
que deixen n-a Cruz farrapos
por recoller roupas novas,
Tabor facendo o Calvario;
que che queren solo mártires
que n-esa Cruz encravados,
derramen sangue e recollan

[p. 15]

espiñas e fel en pago.
.........................................
   Pelegrino, n-esta terra
xa non hay Cruz d' os Farrapos,
por que tendo moitos mártires
que nos eidos traballando
andan famentos y-espidos
camiño d'o seu calvario,
¿de que valen os romeiros
que buscan n-a Cruz descanso,
roupas novas pra cobrirse
en paga de votos falsos,
se os comparas c' os que n-ela
quixeran morrer cravados
pasando pol-o martirio
por non ser d' o corpo escravos?
   Non camiñes tan de presa,
Pelegrino, acurta ô paso,
que n-a terra de Galicia
xa non hay Cruz d' os Farrapos
porque poucos hay q' os teñan
pra poder n-ela deixálos:
hay unha Cruz esquecida

[p. 16]

pr' os q' eiqui pelegrinamos,
que mais que poI-os mendiños,
por mártires agardando
está c' os brazos abertos
e c' o tronco despexado.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega