Saudades gallegas

Páxina Anterior

"Anxeliños ó ceo"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas005.html

 


[p. 19]

   ANXELIÑOS 'O CEO


   Repinican as campanas;
camiño d' o Cimeterio,
levado ô lombo de catro
que foron seus compañeiros,
vai n-unha caixa postiño
o calávre d' un pequeno,
que mais que morto semella
dormido ánxel d' o ceo,
pois coroado de froles
e con aliñas puxérono;
e leva en cruz as manciñas,
leva os lábeos entrabertos
o sembrante com' a neve
branco, y-os olliños pechos,

[p. 20]

e como madeixas d' ouro
vánlle brilando os cabelos.


   Foguetes de tres estralos
vai votando o fogueteiro;
leva as vestiduras postas
como cand' é festa o crego,
e como se festa fose,
sopra que sopra o gaiteiro,
alboradas vai tocando
e muiñeiras que dá xénio.
¡Non é estrano, por que levan
un anxeliño pr' o ceo!


   Denantes de que chegase
ô adro d' eirexa o enterro,
ond' a pequeniña focha
q' abriran pr' o morto neno,
xa a nai estaba agardando
entranquila y-en silencio:
chegaron todos..., n-a cova
o difuntiño meteron,

[p. 21]

votáronlle logo terra...,
seguiu tocando o gaiteiro,
os foguetes estoupaban
mais á miudo n-os ventos,
bendeciu a sepultura
y-entonou un canto o crego,
o pai d' o pequeno morto
cuasi tolo de contento
convidab' os seus amigos
á votar xuntos un neto,
pra festexar a chegada
d' aquel anxeliño ô ceo,
cando entr' os cantos de groria
d' africion oiuse un berro:
era a probe d 'a naiciña
que sintindo n-o seu peito
d' a terra ô cair n-a coba
os xordos estranos ecos,
non poido conterse e diulle,
desafogo ôs sentimentos;
que pr' os corazos d' as náis,
niños de dolces afeutos,
limpa fonte de tenrura,
tesouros d' amor eterno,

[p. 22]

non é consolo decirlles,
por mais q' o saben de certo,
que son os nenos que morren
ánxeles que van pr' o ceo.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega