Un neno da aldea

 

Introdución

Páxina Seguinte

v2rosavidalcurvaturachemineas.html

 

     Dúas liñas ó amigo lector que se decidiu a ler as páxinas destes escritos que ven a seguir. O autor, a pesar de non ser un especialista en obras literarias, porén, que ten sido protagonista de cada paso, ben medido, desta camiñada histórica de maneira plena e consciente. Por iso, aquí, el conta un pouco da odisea vivida ao longo dos camiños percorridos por un neno de unha aldea galega, que, na realidade e de un modo xeral, ese recorrido non debe ser moi distinto dos camiños e problemas vividos pola maioría dos nenos de unha aldea, no seu tempo.
Así, el, para poder continuar alimentando os seus infinitos soños, rexistra, aquí, nestes escritos: Fragmentos de sentimentos, de memorias pasadas e presentes, a ansiedade que viviu ese neno e que, a pesar dos moitos días xa vividos, aínda ten e sente a necesidade de vivir o presente tanto cuanto de revivir aqueles momentos de plena felicidade.
     Claro, que todo iso, dentro dos valores de cada xeración, (etapa de vida) de cada época, sen esquecer o presente momento que nos enfronta a cada día de maneiras distintas.

 

 I

Como tódolos nenos
el tamén tiña un soño.
Deixou súa mente soñar
para poder libremente voar.
Soubo oír e contar historias,
ver nelas, situacións antigas
para reflectir as memorias
sobre aquelas máis novas.
Isto é, a verdadeira liberdade
como fixo ese mesmo neno
de unha típica aldea galega
para seguir a soñar, máis tarde.


II

Na verdade,
a vida dese neno,
mesmo escrita no ar
por seus sinxelos dedos
coas bágoas de chorar
para sempre poder ser lida,
como un brillante libro estelar.
onde, súas páxinas de bágoas,
sempre foron sendo abertas,
polos fortes dedos dos ventos
e polas suaves brisas ó madrugar
na súa ben amada Terra de Montes.
 

 




  

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega