Un neno da aldea

Páxina Anterior

Prólogo

Páxina Seguinte

v2rosavidalcurvaturachemineas.html

 

O poeta e seu cego mundo



Nos días de hoxe, máis do que nunca e a pesar de todo, non son poucas as persoas que se inclinen para amenizar e axudar a desvendar, de un modo xeral, os enigmáticos problemas do noso mundo. Paréceme que sempre teña sido así. Nunca foi moi fácil obter unha visión compatible coa realidade do cotián entre os seres humanos. Quizais, os que mellor teñan conseguido elaborar e desvendar unha interpretación máis próxima deses enigmas, sen usar a hipocrisía, incomprensión e a cegueira, sexan os seres humanos considerados máis sensibles:


-Os poetas-


     Porén, infelices dos poetas, que, ás veces, ten que escoller entre a palabra e o silencio. Segundo os cepticos, "pouco lidos, considerados visionarios, hilarantes e unha auto confianza sen noción da realidade". Tal vez sexa por iso, que nin sempre ten un recoñecemento da ousadía de usar a palabra e a pluma, para apuntar e amosar as súas verdades e seus talentos.
     A palabra, na realidade, cando libre de pensamentos mórbidos, moldea o pensamento, canaliza o sentimento dos seres humanos dirixíndolles a vontade e a acción. O comportamento e o carácter, son, en grande parte, determinados pola natureza do propio ser en si e das palabras que son usadas, xeralmente para falarmos de nós mesmos e, de un modo xeral, do cego mundo que nos cerca.
     —A pesar de que, moitas veces, tanto a palabra como o silencio, poden ser as armas secretas de persoas sensatas, sabias e compenetradas de espírito. O silencio dos poetas, é un silencio que non deixa de se reflectir a través do eco de súa vibración con frecuencia harmónica en toda a súa proxección mental. Iso, xeralmente, só é posible con o seu modo de ser moi natural e con unha dádiva de atributos: Enigmáticos, carismáticos, pragmáticos e, ás veces, discretos porén observadores. Todas esas características balizadas con moita sensibilidade para poder discernir os soños da realidade de súa visión do noso enigmático mundo.
     Así, poderíamos dar unha sínteses perfecta do carácter introvertido, porén prudente, dos poetas, que, xeralmente, gústalle:
     "Ver, oír e pensar antes de escribir ou falar, moitas veces, esta é a maneira eficaz de tornar suave súa convivencia metódica e pacífica diante de seus inquisidores, porén, sen omitirse dos principais fatos cando é necesario".
     Isto é, sen dúbida, a sabedoría refinada e peculiar que case sempre identifica á maioría dos poetas.
     Porén, como a palabra, en principio, era o verbo, ela tanto pode existir para unir ós seres humanos coa finalidade de que eles se "entendan" uns aos outros e todo o que está entorno de si; como, tamén, para diseminar o rancor entre eles. Por iso, o coidado de usar ben e a facultade de se expresar correctamente, algunhas veces, é un verdadeiro desafío para cada ser humano.
     Dicir o necesario e correcto en un dado momento de falar, é unha calidade de poucos. Por outro lado, a omisión na hora exacta en que a verdade debe de ser revelada, pode ser unha fraqueza de espírito con consecuencias imprevisibles para o seu ego ou para quen esperaba oír un pouco máis.
     Ben, segundo algúns sociólogos e filósofos, cando se prima pola ausencia de todo iso, a esa ausencia é o que eles denominan de hipocrisía. Por iso, é interesante saber que a verdade non é tan bela como parece, para quen non está acostumado a dicila ou a oíla.


-Na realidade, ela é incisiva e ás veces doe-


     Por iso, a pesar de soñador, cada poeta é recordado pola súa capacidade de ter falado o que ninguén antes había observado ou tiña coraxe para dicilo. É que, o poeta, —non necesariamente quen escribe versos —porén quen se sobrepoña aos feitos desarraigados da realidade— sente a beleza que só el mesmo pode ver. El soña solucións aparentemente imposibles de realizarse en certos momentos, alerta para perigos que ninguén consegue detectar, aborda temas que moitos consideran inconvenientes, absurdos e fóra do momento actual, fala de sentimentos que outros prefiren que, como se di, que queden gardados por debaixo do lume do pote, isto é, que se debe conservar a falsidade e o rancor.
     Facendo unha análise de todo iso, dá unha idea de que, o poeta —xulgado cego con relación ó noso mundo— é o único que ve determinadas cousas. Un cego con unha visión especialísima sobre a grandeza da humanidade, ó contrario da insensatez, a incapacidade de detectar a miseria moral de moitos seres humanos en súa propensión para embrutecerse e perder a sensibilidade, en canto pensan que están navegando nun mar de calmarías.
     Estamos vivindo o final de unha era ou a transición de un tempo para outro tempo. Ás veces, sen decatarnos, agarrámonos demasiado a un mundo que coñecemos e que camiña en dirección a un horizonte descoñecido para a maioría de nós.
     Estraño iso! Non!
     Porque, agora, o mundo está equipado con millóns de cámaras con ollos que poden detectalo todo ó mesmo tempo. Porén, "o poeta hilarante e louco", ese ser que hoxe é unha cousa moi rara diante de tanto consumo e de tanta tecnoloxía, tanta vaidade e banalidade, precisa encontrar forzas para coexistir contra tanta insensatez. Criar forzas, mesmo que sexa para que, nas raras veces en que consegue ser oído, amosar que, moitas veces:


-Cego é o mundo-

   
    

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega