Un neno da aldea

Páxina Anterior

Parte IV

Páxina Seguinte

v2rosavidalcurvaturachemineas.html

 

     —Olla, Theóphilo, espero que ti teñas acompañado ben o que che contei da lenda dos soños deses dous irmáns, que tiñan un mesmo destino. Pois, como sabemos, eles coñecéronse, por obra de Deus, nunha noite de descanso e de reflexión. Alí pernoitaron ambos, sen moita convicción, un como enviado especial polos monxes de Claraval e, o outro, como un novo cordeiro Do Señor.
     —Sí, Isaías. Estiven sempre, ó longo do tempo de túa narrativa, acompañando toda esa loucura inconsciente pero inofensiva, que consiste en viaxar e máis viaxar ó encontro de un novo porvir para estes vales, que supoñían existir, porén que estaba oculto ós ollos daqueles que non tiñan moita fe.
     Como son fantásticos os soños de Amable e de seu compañeiro Camarada. Poderíamos dicir que, tal vez, a realidade dos mesmos, non estean moi en desacordo con os soños de moita xente de nosa época aquí por estas terras...
     —¿E, o que ti me dis, con relación á cidade que eles describiron como estando agachada pola selva, no seu monte de cristal, coas súas ventás con arcos, soportais e palacios...?
     ¿Todo iso, non podería ser o vale encantado?
     Tal vez non teña máis dúbida, era o verde vale polo orballo de súas devesas húmidas no medio das brañas. O río invisible que transpiraba a humidade, ou, quizás, ó mesmo tempo, o río e a mata con seus prados esperando ser cultivados para xerar un novo porvir para estes pobos.
     —Olla, Isaías, todo iso é posible que se torne realidade, tanto os soños perseguidos en nosa época polos emigrantes e seus descendentes, coma polos dous peregrinos e difusores da palabra de Deus: Amable e Camarada.
     Pensando no que nós temos conversado a respecto da nosa terra, eu tamén conversei cun emigrante coñecido, tal vez máis afortunado do que os viaxeiros errantes, alá do outro lado do Atlántico, que tódalas veces que ven a visitar súa aldea de nacemento, no verán, o que máis lle interesa para disfrutar dese descanso ben merecido; é unha boa casa, un coche dos mellores para poder pasear e ostentar todo aquilo que non puido ter antes de emigrar. Claro, que, ó mesmo tempo, el tamén manifestou que lle gustaría de ver esta rexión revitalizada dentro das circunstancias actuais e que estaría á disposición, para discutir o asunto, con quen teña interese por iso.
     —Iso é comprensible, Theóphilo, pero, así mesmo, eu tamén sempre tiven a curiosidade en desvendar os misterios dalgúns emigrantes, que teñen aquí a familia continuamente. Por moitos aforros que teñan, tanto no País onde teñen os negocios como aquí en España, non ten feito moita forza no sentido de investigar unhas posibles inversións para obter rendementos e, ao mesmo tempo xerar empregos, incluso para os seus familiares aquí na súa terra de nacemento, axudando, así, no desenrolo destas comarcas galegas.
     —Iso é verdade, Isaías, porén, nas últimas cinco décadas do século XX, do fenómeno migratorio, as esperanzas dun posible retorno, en tódolos sentidos, quedáronse balizadas no tempo polas circunstancias familiares, económicas e sociais de cada emigrante, facendo as cousas un pouco máis difíciles e complicadas para decidirse a inverter na súa terra, sen medo de perder o que ganou con moita morriña e suor.
     —Claro que sí, Theóphilo, coma ti xa falaches o outro día, nunha de nosas conversas sobre emigrantes que colaboraron desinteresadamente, co desenrolo desta nosa terra, mesmo que cada quen o fixo do seu modo. Por mor diso, vouche contar a miña tristeza e arrependemento, por non ter falado o que eu debería ter dito, na súa época, para unha persoa moi especial - para min e, creo eu que para todos aqueles que o coñeceron máis de preto—.
     ¿Ti recórdaste, daquel Ser humano que, en calquera lugar que estivese, naturalmente, sempre irradiaba alegría? Moitas veces chamábano de baiano, pois, nunca perdera o acento amalgamado durante máis de medio século alá na terra do famoso poeta, Castro Alves. Na Bahía de San Salvador, Brasil.
     —Claro que me recordo, pois xa sei de quen se trata, Isaías. Coñecendo a esa persoa que ti dis e que tamén o coñecín, coma un gran amigo e veciño.
     ¿Eu podería saber o que ti deberías ter falado e que, por determinadas circunstancias, non llo falaches?
     —Home, hoxe, non podo afirmar que a mesma cousa que me gustaría de ter falado a el, sexa a mesma que che poida contar a ti. Como ti sabes, as palabras, cando ditas a penas coa razón, non son a mesma cousa que cando comandadas polo corazón mesmo que sexan faladas con sinceridade. Alén diso, Theóphilo, xa transcorreu o espazo de tempo vital de unha xeración, desde que coñecín a ese Ser humano moi singular.
     Así mesmo, espero que esta conversa que che vou a contar ou quizais sexa mellor chamala de: "Monólogo, In-Memorian", poida ser oportuno para ti que o coñeciches e que me estás a ouvir e, agradable para os lectores da Biblioteca Virtual Galega que sempre intento lle mandar algúns de meus escritos alá desde a emigración.
     —Isaías, xa que falaches sobre iso, eu tamén teño ouvido falar, ó meu fillo e máis algúns amigos, a respecto desa gran canle de difusión da nosa cultura: A Biblioteca Virtual Galega. E, mesmo que nin todos poidan ter aceso a esa difusión cultural a través dos medios virtuais, debemos ter moito orgullo de todo iso. Ela ven difundindo os valores histórico-culturais de unha rexión histórica e, principalmente, dos cidadáns galegos que, a pesar de unha maneira distinta, alá do outro lado do Atlántico, tamén contribuíron para poñer más un ladrillo nos cementos de nosa historia e cultura.
     —Iso é verdade, meu prezado amigo, e, para nós os emigrantes, iso ten un valor e significado moi grande en podermos, tamén, divulgar o que os galegos que viven alá do outro lado do atlántico, fan para axudar a engrandecer a nosa Terra Galega. Así, Theóphilo, respondendo á túa ansiedade para saber o que eu penso sobre o que foi ese emigrante, a través dun —Monólogo In Memoriam— vamos a coñecer, un pouco máis de cerca, a singular camiñada dese ser moi especial —para min e creo eu que para tódolos que conviviron con el, deixándonos unha sentida ausencia.


Monólogo In Memoriam


Para Florencio Ramos, ese gran Ser humano, que soubo dignificar tódolos pasos de súa longa traxectoria polas vereas da vida; principalmente pola patria grande, a patria pequena de seu nacemento:
     —O lugar de Correa da Parroquia de San Salvador de Xirazga de Beariz de Montes, Ourense.
     Home acostumado ás intemperies que a vida nos poñe, moitas veces, de forma moi perturbadora para o espírito e para a alma; pero, nin por iso, deixou de sorrir e valorizar a amizade que lle demostraban as persoas de seu entorno. Trataba a todos coa mesma amabilidade máis natural e sincera: Con moito respecto e amor. Florencio Ramos era un verdadeiro cidadán do mundo, un Ser universal así entendido por quen tivo a sorte de telo coñecido o suficiente para poder ver e ler no fondo do seu corazón, toda a súa nobreza de espírito.
     Florencio Ramos era una persoa dinámica coa misión cooperativa a servizo da comunidade e da solidariedade humana.
     Non foron tan só as letras que balizaron a súa forte e inquebrantable personalidade, pero, si, podo afirmar que foi a escola máis antiga da humanidade: A escola da vida, onde, xeralmente, se aprende a recoller a verdadeira esencia do amor e a conciencia do deber para con Deus, os amigos e a familia.
     Aínda moi xove, como o fixeron moitos galegos, para buscar algo que naquel momento difícil da historia do noso país non lles podía dar. Despois de varios anos na Bahía, volveu á súa terra de orixe para disfrutar de un merecido descanso, pero, o que el menos esperaba, aconteceu. A contenda entre irmáns, ou sexa, a guerra civil española. Como se pasou coa maioría dos xoves daquela época, tivo que participar dos combates ata terminar a guerra.
     Pero, despois de todo terminado e pensando estar libre para regresar a Bahía, surxiulle máis un problema: Non conseguía o permiso nin visto para saír de España. Sen poder saír de España e con a noticia da morte de seu irmán, en Salvador, Bahía e, ó mesmo tempo tamén lle falecera a nai, aquí na súa aldea, en Galicia, todo iso deixou a Florencio Ramos; case que orfo. Soamente lle quedaban algúns familiares e un certo compromiso de matrimonio con a súa parente e veciña, a señorita Rufina.
     Sen outras alternativas para sobre vivir, tivo que facer oposicións para un posto na Benemérita Garda Civil, o que conseguiu con suceso. Pero, moitas veces, Deus atende a nosos pedidos e necesidades, así, en canto esperaba seu destino na Garda Civil, foi autorizado para regresar ao Brasil.
     Ó chegar a Salvador, máis un duro golpe esperaba a Florencio Ramos: Seu irmán, durante unha longa enfermidade, antes de falecer, había acabado case que tódalas economías do comercio, de propiedade dos dous, que el ficara administrando. Como fixo sempre, sen deixar abaterse, empezou todo de novo con o afán e tesón que eran máis unhas de súas características para empezar unha nova etapa de súa camiñada polos sendeiros da sobre vivencia e dignidade humana.
     Naquel intre, xa casado con Doña Rufina, ansiaba para que moi pronto puideran estar xuntos na Bahía. Florencio Ramos e súa esposa Rufina, deixaron marcas indelebles nas terras do outro lado do Atlántico, antes de volver, en definitivo, para seu querido Beariz de Montes —pobo de Doade, Ourense, España. Como el dicía moitas veces, de broma:
     "¡Yo vivo en Doade, en la calle de cuatro vientos!"
     —Na verdade, Doade é o lugar onde se realiza unha Feira Medieval, moi importante, tódolos días nove de cada mes—.
     Pero, o mellor da vida de Florencio Ramos, pasouno centrado en axudar aos demais, en tódolos sentidos, dentro de seu modo de ser: De simplicidade, respecto e de amor ó próximo.
     ¡Florencio onde ti esteas, creo que me escoitarás! Claro, con toda a túa inmensa alegría, tamén te recordarás de nosa fiel e respectuosa amizade.
     ¿Ti recórdaste cando nos coñecemos no lugar de Alén? Eu aínda era un neno e ti facíaslle unha visita a unha persoa da familia que che quería moito: Genoveva Ramos Ogando, que che había invitado para comer con a familia. Recórdome moi ben, era un día de domingo e, como eu era e sempre fun un soñador, díxenche, de broma: Un día cando eu sexa "máis grande" quero ir contigo para Bahía. "Quero facer a América" traballando moito, pero, tamén, ganar bastante diñeiro.
     Florencio, o soño, cando menos, en parte, realizouse, pois, xa hai máis de sesenta anos que vivo no Brasil. Grazas a ti por indicarme o mellor camiño a seguir naquel intre. "Obrigado" ó soño e ao Brasil por darme unha boa parte das oportunidades que sempre busquei. O diñeiro nin sempre é o ideal ou suficiente para podermos ser felices, cada quen ó seu modo de pensar.
Que Deus che dea, no ceo, a paz merecida que nin sempre está a noso alcance aquí na Terra".
     —Isaías, despois de che escoitar atentamente, á miña memoria foran chegando as recordacións que eu teño dese noso veciño e gran amigo que foi de todos nós. Ó mesmo tempo fico pensando que, si a mor parte dos moradores destas comunidades fixeran algo semellante, as nosas posibilidades de unha vida auto sustentable podería ser ben máis probable. 

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega