Un neno da aldea

Páxina Anterior

Parte V

Páxina Seguinte

v2rosavidalcurvaturachemineas.html

 

     As sementes da sabedoría
 

     —Mira, Theóphilo, aínda seguindo as ideas e o destino de moitos benfeitores e soñadores da nosa charla, vouche contar máis un pequeno conto que oía dos máis vellos cando eu era un neno alá na miña aldea da Terra de Montes.


     "Contaban eles, que, nun pequeno condado onde a súa sobre vivencia dependía, na mor parte, de seus produtos primarios e pequenas empresas de transformación deses produtos, había moito tempo que viña perdendo, non soamente a capacidade de sobre vivir como, tamén, os seus súbditos e, como consecuencia, unha boa parte da súa cultura centenaria.
     O conde preocupado con todos eses problemas, mandou chamar ós seus conselleiros máis próximos para unha xuntanza pro modo de ver o que podían facer. Os conselleiros despois de se reunir e discutir a mellor maneira de resolver ese dilema tan preocupante para todo o condado, aconsellaron ó conde que marcase outra xuntanza, invitando tamén algúns dos xoves da comunidade.
     Nesa segunda xuntanza que eles fixeron, foi decidido que o conde convocaría a tres xoves dos máis ben preparados da comunidade para que encontrasen unha solución eficiente e satisfactoria, que puidese evitar a perda de bens materiais e culturais conseguidos durante moitos centos de anos por seus devanceiros.
     Como a principal riqueza de sobre vivencia era de produtos primarios: Millo, patacas, centeo... así, el entregoulle a cada un dos escollidos a mesma cantidade e calidade de sementes, recomendándolles que cada un as gardase da mellor maneira que puidese, porque, a vida do condado dependía da boa conservación das mesmas, que elas non se perdesen. O conde, xunto con algúns conselleiros, tamén fixo unha viaxe a un reino próximo para ver se conseguía algunhas ideas que os puidesen axudar a resolver eses problemas tan preocupantes e, cando volveron, mandou chamar os xoves para saber o que tiñan feito coas sementes e ver cal deles tiña chegado á mellor solución para dar continuidade a transformación máis adecuada e non perdelas.
     —O primeiro xove, sabía moito de matemáticas e tiña bastante experiencia da vida e era moi bo calculista, entón, imaxinou que gardándoas ben gardadas, podería devolvelas no mesmo estado en que as recibira. Así, tivo todo o coidado de encontrar un lugar adecuado para gardar as sementes a sete chaves.
     —O segundo xove, a pesar de que tiña menos experiencia que o primeiro, comezou a pensar: Bo, se gardo as sementes como fixo o meu compañeiro, é posíbel que estean podres cando volva o conde da viaxe que fixo. Así, el vai ver que as sementes non están en condicións de ser sementadas.
     —Así el decidiu que tiña que facer algo mellor e resolveu vender as sementes por un bo prezo, gardando o diñeiro no banco. Ese xove pensou que cando o rei volvese, podería comprar outras sementes sen que el se decatase, pois, todas as sementes son parecidas.
     —O terceiro xove, o que parecía máis humilde dos tres, estivo pensando por un longo tempo, para descubrir o que faría coas sementes que tiña recibido do conde, recomendándolle de que as coidase da mellor maneira posíbel. Despois de pensar bastante, sobre as mesmas, concluíu que a recomendación debería ter algunha cousa implícita, é dicir, non podería ser, a penas, gardalas moi ben gardadas. A propia palabra, semente, ten un significado de: —orixe, principio—. Polo tanto, non era, a penas, unha simples tarefa a facer.
     Continuo pensando que a semente en si, non tiña moito significado, a non ser que se transforme e poida crecer, que se faga algunha outra cousa de novo. Ela é un estado transitorio, non un ciclo final.
     Así, o terceiro xove gardou as sementes nun lugar, tan ben escondido, na terra, que soamente o milagre da continuación da especie podería ensinar, o lugar coas sementes brotando para un novo resurxir da vida.
     O conde, ó analizar o procedemento de cada xove, díxolles:
    "A única forma de dar continuidade ó ciclo vital das sementes, é permitir que elas se transformen e poidan participar de un novo renacer".
     —Todo iso fai sentido, Isaías. E, tal vez sexa por iso, que algúns pensadores din que cada ser humano é un testemuño do seu tempo. Non a penas un testemuño do seu tempo, pero, un elemento participante que dá continuidade ás transformacións que ocorren durante a súa vida, que van das necesidades do corpo para a continuación da especie ó ritual da morte, pasando polo convivo social, hábitos, modos e seducións.
     Así, de certa maneira, case que ninguén escapa a ese ritual das transformacións. —O home ten a sensación de que as cousas mudaron tanto, que é imposíbel non comparalas coas historias de moita saudade do seu pasado:
     "¡...No meu tempo, como as cousas mudaron !".
     Na verdade, o mundo se transforma sempre, como din eses mesmos pensadores, é un Ser vivo, e, nós nin sempre mudamos tanto ou cando menos o necesario que deberíamos mudar.
     ¿Será que pertencemos a un intre do "BIG BANG", de un punto minúsculo que concentraba toda a enerxía do cosmos, diferente da historia da humanidade, en que as cousas se transformaron como nunca, seguindo os desígneos de Deus, ou esa é apenas unha visión egoística?
     ¿O que me dis de todo iso, meu benquerido Isaías?
     —Olla, Theóphilo, a miña xeración viviu entre a maxia e a realidade. Xamais podería eu, na miña xuventude, soñar o que non era máis un soño. Actualmente, a miña sensación é como se estivese vivindo nunha tenda de alquimista da Idade Media e vise saír pocións máxicas que facían do irreal a cousa mais banal e real, como acostuman describir algúns filósofos.
     Hoxe, sábese todo por arte de Deus, ou, ás veces do demo, podemos ver e ouvir a todo que acontece en calquera parte do mundo e na mesma hora. Tal vez poidamos chamar a iso de metafísica ou, simplemente (ciencia). Entre outras cousas, con unha caixiña na palma da nosa man —o celular ou móbel— podemos falar, fotografar ou localizar unha persoa en calquera parte do Planeta... Este é un novo concepto que goberna as nosas vidas. Para uns unha marabilla, para outros, un inferno que non dá sosego a ninguén: É esa rede electrónica que ven se expandindo sen límites —dígase, Internet.
     Se na miña cabeza, nunha outra época, aconteceu un testemuño das transformacións, o que non acontecerá ás novas xeracións que alén de un pouco da cultura oral de moitas facetas, fan a penas unha breve pasaxe polo libro e, de repente, caen nun mundo virtual en que non saben máis o que é unha suposta verdade e o que é mentira que, moitas veces, é usada como fuga estratéxica da propia verdade.
     Tantas informacións dispoñibles que nos son transmitidas, tantas verdades que non sabemos máis cal é a "verdade verdadeira". Todos procuramos nos adaptar a ese mundo, en vez del adaptarse a nós. Non somos nós que o criamos, porén, é el que nos criou e administra.
     —Isaías, ata certo punto, creo eu que se modificaron as interpretacións das transformacións e dos sentimentos. Elas están diferentes e en mutación. Convivimos coa alegría, a tristeza, o odio, o amor, a violencia e a cólera como se fosen cousas virtuais.
     ¿Será que nós somos parte de unha ficción? Parece que as nosas interpretacións e sentimentos pasaron a ser máis colectivos que individuais.
     ¿Quen somos nós e para que tipo de mundo estamos camiñando?
     ¿Será o caos?
     —Ben, Theóphilo, usando un pouco do coñecemento e da mitoloxía grega, caos quizais sexa un dos termos máis adecuados para describir o estado físico do noso planeta en determinadas épocas.
     O noso mundo, no intre en que naceu, era unha grande confusión. A terra invadía o mar o mar invadía a terra. O ceo ora estaba alá en cima ora estaba acá en baixo. As montañas mudaban de lugar. Os ventos sopraban tan forte que as augas dos océanos subían e baixaban cotos, destruían cavernas, puñan todo de pernas pro ar.
     Así, segundo os gregos, era o que podemos chamar de "Caos".
     Un certo día, ninguén sabe cando nin como, apareceu unha Forza misteriosa. Observou aquela desorde toda e decidiu: Chega de confusión, eu vou poñer orde nese tal de Caos. E, así, puxo a orde nas cousas.
     Primeiro fixo unha xuntanza coa auga, a terra e o vento para ter unha conversa con todos xuntos. Despois moldeou unha figura coma se fose a roda dun carro. En seguida colgouna nun punto de equilibrio do bacío. Fixo a curvatura do ceo. Encheuno de ar e luz e criou a bóveda terrestre que hoxe está tomada por estrelas. Logo despois axeitou a Terra no bacío para que parecese unha pelota.
      Espallou planicies verdes pola superficie e ergueu montañas. Máis tarde organizou as augas. Mandounas rodear algunhas partes de terra, formou ríos e lagos.
     ¡Pronto! As partes substantivas do noso mundo, naquela época, estaban prontas para ser administradas.
     Aí, a través de algunhas reaccións químicas —dentro e fóra da auga— chegouse o que hoxe chamamos de vida. As variedades de peixes ocuparon as augas. Despois na súa evolución os paxaros tomaron conta do ar. "Os homes e os outros animais" ficaron coa terra. O ceo pasou a pertencer á Forza poderosa que acabou con o caos.
     Os gregos chamaban a esa Forza poderosa, de Zeus. A maioría de nós, a denominamos de Deus.
     —Isaías, con todo iso que ti falaches, con eses conceptos do mundo e ideas ben arquitetadas, podemos deducir que, o que antes era unha desorde e quizás falta de decisións, todo se foi moldeando como unha obra de arte e de moita fe, conforme os desígneos desa Forza misteriosa e poderosa.
     Hoxe, poderíamos afirmar que, tódolos soños e os destinos, xunto con unha fe inquebrantábel, son o misterio desa Forza poderosa chamada: Unión de ideas, vontade política e desenrolo. Soamente así, esta nosa Terra de Montes/Tabeirós poderá encontrar o camiño da auto sustentación e da harmonía con tódolos seus valores culturais:
     Pasado, presente e futuro.
     ¿Quen sabe se un día todo iso non sexa posíbel, Isaías? Eu mesmo, que tamén xa teño moitas canas axexando a miña cabeza, aínda espero ver todo iso resplandecendo coma o sol do medio día nestas nosas terras que xa produciron tanto.
     —É así que debemos pensar, Theóphilo. Eu, meu caro amigo, que xa subín montes e escalei montañas para ver o que había do outro lado, así mesmo, aínda con moitos soños, ás veces tamén un pouco irreais, vou imaxinando que as pedras do meu camiño sexan flores e que as tristezas me dean forza para continuar soñando. Con todo, meu amigo, espero poder acompañar e ver realizar os soños de tódolos terramonteses, que non deben parar de soñar e transformar eses soños nunha "verdade verdadeira" para o desenrolo desta nosa Terra Galega de Montes.
 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega